Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2020 Páx. 1231

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2019, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo procedemento de libre designación, dun posto vacante de xefatura de persoal de xestión e servizos.

Mediante Anuncio do 25 de outubro de 2019 (DOG núm. 218, do 15 de novembro) convocouse para a súa provisión, polo procedemento de libre designación, un posto vacante de xefatura de persoal de xestión e servizos.

De acordo co disposto nas bases da convocatoria, logo de informe da Dirección a que se fai referencia na base quinta, esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia; polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVE:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto vacante de xefatura de persoal de xestión e servizos anunciada mediante Anuncio do 25 de outubro de 2019 (DOG núm. 218, do 15 de novembro).

Segundo. Nomear no posto que se indica a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. A profesional nomeada deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo e por petición motivada da persoa interesada, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo xerente da área sanitaria.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular e será declarada nesa situación polo órgano competente quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos previstos nos artigos 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 17 de decembro de 2019

Féliz Rubial Bernárdez
Xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Atención ao Paciente e Humanización.

Nome e apelidos: María Belén Piñeiro Bóveda.

DNI: ***7384**.

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal de acordo coa disposición adicional sétima da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.