Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 9 de xaneiro de 2020 Páx. 898

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2019 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 19 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento do sector mineiro galego cara a unha minaría sustentable, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento IN315A).

Mediante a Orde do 19 de xuño de 2019, a Consellería de Economía, Emprego e Industria estableceu as bases para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento do sector mineiro galego cara a unha minaría sustentable, e procedeuse á súa convocatoria para o ano 2019.

En cumprimento do disposto no artigo 17.1.b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como no artigo 13.3 das bases reguladoras,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións indicadas no anexo, concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 09.20.734A.781.0 ao abeiro da Orde do 19 de xuño de 2019, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento do sector mineiro galego cara a unha minaría sustentable, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento IN315A).

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2019

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde do 10.6.2016, DOG núm. 131, do 12 de xullo)
Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Subvencións para o fomento do sector mineiro galego cara a unha minería sustentable

Beneficiario

NIF

Actuación

Axuda concedida (€)

Asociación Galega de Áridos

G36345718

Obxectivo cero accidentes. Segunda fase

42.278,87

Asociación Galega de Áridos

G36345718

Proxecto DESA. Instalación desfibriladores en canteiras e graveiras

69.614,43

Asociación Galega de Áridos

G36345718

Campaña Que sabes dos áridos. Segunda fase

20.013,61

Clúster da Pizarra de Galicia

G32405979

Medidas ambientais para a mitigación e compensación de impactos sobre a fauna local nas explotacións

85.412,02

Clúster da Pizarra de Galicia

G32405979

Proxecto de divulgación do sector mineiro e do subsector da lousa en Galicia

82.665,67

Fundación Centro Tecnolóxico da Lousa de Galicia

G32256257

Caracterización tecnolóxica das lousas galegas como material para outras aplicacións. Fase 2

32.595,58

Fundación Centro Tecnolóxico da Lousa de Galicia

G32256257

Modelo de control integral de riscos asociados á sílice cristalina respirable nas naves de explotación

36.293,34

Ilustre Colegio Oficial de Geólogos

Q2870016I

Rutas xeolóxicas e mineiras de Galicia

35.821,44

Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia

G36346203

Boas prácticas ambientais no sector do granito. Análise de ciclo de vida e tecnoloxías ecoeficientes

46.005,99

Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia

G36346203

Ferramentas on-line de boas prácticas preventivas para a xestión da sílice cristalina respirable

61.905,72

Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia

G36346203

Sistema de xestión mineira sustentable

48.970,53

Cámara Oficial Mineira de Galicia

Q1570001F

Plan de comunicación dixital de minaría sustentable de Galicia 2019

38.022,18

Cámara Oficial Mineira de Galicia

Q1570001F

Campaña de prevención de riscos laborais 2019

67.587,08

Cámara Oficial Mineira de Galicia

Q1570001F

Recuperación de posta en valor do patrimonio mineiro galego

38.419,05

Fundación Cupa

G32458713

PRL e ambiente no sector da pedra natural como elemento de mellora do benestar dos traballadores

50.626,99

Asociación Gallega de Empresas de Envasado de Agua Mineral Natural (Agamin)

G70290515

Economía circular e mellora de prácticas ambientais no sector da auga mineral natural

53.005,19

Fundación de Ingeniería Civil de Galicia

G15422660

Investigación técnica e científica para a recuperación e posta en valor do túnel romano de Montefurado e do seu contorno mineiro, asociado ao aproveitamento do ouro polos romanos

100.000,00

Asociación Gallega de la Propiedad Balnearia

G15079619

Posta en marcha de estratexia de divulgación dos balneario de Galicia como modelo de empresa sustentable

53.113,70