Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 9 de xaneiro de 2020 Páx. 900

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2019 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 23 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas privadas, en réxime de concorrencia competitiva, para a loita contra as enfermidades profesionais, en especial as derivadas da exposición ao po e ao ruído, no sector mineiro en Galicia, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento IN317A).

Mediante a Orde do 23 de maio de 2019, a Consellería de Economía, Emprego e Industria estableceu as bases para a concesión de subvencións a empresas privadas, en réxime de concorrencia competitiva, para a loita contra as enfermidades profesionais, en especial as derivadas da exposición ao po e ao ruído, no sector mineiro en Galicia, e convocáronse para o ano 2019.

En cumprimento do disposto no artigo 17.1.b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como no artigo 13.3 das bases reguladoras,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións indicadas no anexo, concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 09.20.734A.770.0, ao abeiro da Orde do 23 de maio de 2019, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas privadas, en réxime de concorrencia competitiva, para a loita contra as enfermidades profesionais, en especial as derivadas da exposición ao po e ao ruído, no sector mineiro en Galicia e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento IN317A).

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2019

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde do 10.6.2016, DOG núm. 131, do 12 de xullo)
Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Subvencións para a loita contra as enfermidades profesionais, en especial as derivadas da exposición ó po e o ruido, no sector mineiro en Galicia

Beneficiario

NIF

Actuación

Axuda

concedida (€)

Canteras Fernández, S.L., Elaboración, S. COM.

D32031395

Aumento de aspiración e batería de mangas en cortadoras, instalación de caixón pneumático humectado, colocación de contedor estanco para filtración, presurización de cabina para máquina cargadora e asesoría técnica en fase de deseño de implantación.

41.767,00

Castrelos Elaboración, S.L., S. COM.

D32016099

Renovación do extractor xeral da nave de serradura, humectación á saída das recortadoras, colocación de contedor estanco para a saída de filtración, instalación de moegas pneumáticas humectadas, adquisición dun aspirador industrial, implantación dun plan de limpeza e asesoría técnica en fase de deseño e implantación.

29.982,50

Canteras Fernández, S.L., Elaboración, S. COM.

D32031395

Aumento de aspiración e batería de mangas en cortadoras, colocación de contedor estanco para filtración, instalación de moega pneumática humectada, presurización de cabina para máquina cargadora e supervisión especializada mediante consultoría técnica.

36.843,00

Canteras Fernández, S.L., Elaboración, S. COM.

D32031395

Substitución de dúas recortadoras antigas de discos tradicionais por dúas de nova concepción de corte con discos que traballan por desbaste e asesoría técnica.

13.584,84

Blockdegal, Sociedad Anónima

A36012698

Substitución dos martelos e do motor da perforadora hidráulica.

32.591,37

Cementos Cosmos, S.A.

A28013704

Instalación de bomba de calor con filtros especiais para a sala de control.

931,22

Blockdegal, Sociedad Anónima

A36012698

Adquisición dunha nova pa cargadora.

156.300,00

Pizarras Gallegas, S.A.

A32006579

Humectación en saída de cortadoras, mediante boca alimentada por auga e aire comprimido, reforzo de humidificación nos rolos, adaptación de ocos mediante moegas automáticas e asesoría técnica en fase de deseño e implantación.

21.794,48

Marcelino Martínez

Galicia, S.L.U.

B36345874

Substitución de compresor de gasóleo por un eléctrico.

11.497,50

Marcelino Martínez

Galicia, S.L.U.

B36345874

Adquisición dun compresor de gasóleo con maior eficiencia enerxética e cunha menor potencia acústica que o equipamento actual.

20.494,50

Marcelino Martínez

Galicia, S.L.U.

B36345874

Adquisición dunha perforadora hidráulica de superficie, montada sobre eirugas, autopropulsada e autónoma, equipada con cabina e cambiador de mandos.

150.000,00

Áridos Chan de Salgosa, S.L.

B36027944

Reacondicionamento da caseta existente no establecemento mediante a substitución de ventás e portas, revestimento de fachada, selaxe de fendas e reacondicionamento de paredes, así como a instalación dun sistema de presurización de aire.

6.546,00

Explotacion de Canteras del Noroeste, S.A.

A27006154

Instalación dunha tubaxe con aspersores aéreos polo lateral da pista de acceso á fronte.

7.548,44

Caolines de Vimianzo, S.A.U.

A15040009

Reforma das moegas existentes mediante unha tapa que garanta a estanquidade, execución duns contedores pechados que envolvan a zona de caída de material e as cintas transportadoras, e instalación dunha rede de aspiración.

48.724,66

Hormigones Valle Miñor, S.A.

A36623510

Instalación de caseta modular con sistema de presurización do aire no seu interior.

7.382,00

Áridos de Astariz, S.A.

A32011678

Instalación dunha cobertura nas cintas de saída dos muíños de impacto

7.336,20

Áridos de Astariz, S.A.

A32011678

Instalación de caseta con sistema de presurización do aire no seu interior e ducha de aire no exterior.

7.266,00

Canteras de Muro, S.L.

B27100973

Adquisición dunha nova cabina de mando para a machacadora de mandíbulas, adecuación e posta en marcha.

4.929,60

Prebetong Áridos, S.L.

B27705664

Instalación de novos equipamentos de aire acondicionado con protección contra o po nas cabinas situadas en primaria e en secundaria.

2.120,00

Prebetong Áridos, S.L.

B27705664

Instalación dun novo equipamento de aire acondicionado con protección contra o po na cabina de primaria. Instalación dun equipamento aire acondicionado con sistema de filtración na oficina e na oficina da báscula.

3.447,50

Prebetong Áridos, S.L.

B27705664

Instalación dun sistema de control, mediante mandos e cámaras, que permita dirixir e visualizar o proceso de trituración primaria a distancia. Instalación de sistema de aire acondicionado en camión Perlini.

5.380,57

Hormigones y Áridos

La Barca, S.A.

A15052376

Instalación dun novo equipamento de aire acondicionado con protección contra o po na cabina de primaria. Instalación dun equipamento aire acondicionado con sistema de filtración na oficina e na oficina da báscula.

3.192,00

Prebetong Lugo, S.A.

A27003250

Instalación dun novo equipamento de aire acondicionado con protección contra o po na cabina de primaria. Substitución das cubertas antipo nas cintas transportadoras e nas cribas.

5.848,83

Lemos Romero, S.L.

B36014322

Instalación de liña de aspersores para pulverización de plataformas e pistas de acceso ás frontes de traballo máis un grupo de presión. Instalación dun centro de lavado e secado. Adquisición de 12 armarios de dobre porta.

20.359,07

Lemos Romero, S.L.

B36014322

Instalación dun centro de lavado e secado. Adquisición de 6 armarios de dobre porta.

3.264,70

Pizarras O Cortello, S.L.

B32007049

Adquisición de aspirador industrial e instalación de aspiracións localizadas nas labradoras. Instalación de cabinas cerradas para os postos de serrador. Instalación de sistema de humectación en nave.

37.186,40

Pizarras Rozadais

Elaboración, S.L.

B32372443

Instalación de sistema de humectación á saída das cortadoras e en zonas de verteduras. Instalación de cabinas cerradas para os postos de serrador. Instalación de sistemas de rega e lavado, puntos de auga e rega para limpeza e humectación e punto móbil de aspiración.

37.086,80

Pizarras Valdacal, S.L.

B32225419

Adquisición de aspirador industrial e instalación de aspiracións localizadas nas labradoras. Instalación de sistema de rega mediante métodos de humectación. Instalación de sistemas de humectación localizados en cortadoras e trades manuais.

32.082,00

Pizarras de la Campa, S.L.

B32116873

Instalación de cabinas presurizadas, sistemas de extracción localizados e sistemas de humectación. Adquisición de 2 aspiradores industriais. Instalación de sistemas de rega e humectación en exteriores e puntos de rega para limpeza e acondicionamento no interior.

76.422,93

Pizarras del Valle, S.L.

B32419764

Adquisición dun aspirador móbil industrial. Instalación de sistema de rega en zona de amoreamento de rachón e cinta de entullo de cortadoras, instalación de anteparo e instalación de gomas na saída de moegas.

7.858,93

Pizarras Las Nieves, S.L.

B32459836

Instalación de cabinas presurizadas na zona de serradura. Adquisición dun aspirador móbil industrial e incorporación nas instalación de filtros de limpeza. Instalación de puntos de auga en nave de elaboración para rega, lavado e limpeza, instalación de puntos de extracción en labradoras e cortadoras, medidas de humectación en saída de cortadoras, así como sistema de aspersores en zona de amoreamento de rachón.

49.585,33

Áridos del Umia, S.A.U.

A36002558

Cerramento da estrutura de clasificación e adquisición de catro cintas transportadoras novas con coberturas tipo «capotex».

36.735,60

Áridos del Umia, S.A.U.

A36002558

Adquisición de nova caseta de control de mandos de primaria con sistema de climatización e instalación de sistema de climatización nas casetas de secundaria e clasificación.

4.519,20