Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 9 de xaneiro de 2020 Páx. 929

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (PO 488/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fai saber que no procedemento PO 488/2019, seguido por instancia de Andrey de Oliveira Carrajo contra Serguirey 2012, S.L. e con intervención do Fogasa, sobre reclamación de conceptos salariais e liquidación, se ditou Sentenza número 626/2019, do 4 de decembro, en que se estima parcialmente a demanda, contra a cal non cabe interpor ningún recurso. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Serguirey 2012, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza