Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 9 de xaneiro de 2020 Páx. 934

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 836/2017).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 836/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alejandro Davila Alonso contra Bean Algo, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza.

En Santiago de Compostela o 13 de setembro de 2019.

Resolución:

Estímase parcialmente a demanda presentada por instancia de Alejandro Davila Alonso contra a entidade Ben Algo, S.L. e, en consecuencia, condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade de 1.867,17 euros en concepto de salarios debidos máis o xuro de demora do 10 % sobre a devandita cantidade, e absolvo a demandada das demais pretensións exercidas contra ela.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina.

Para que sirva de notificación en legal forma a Bean Algo, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza