Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2020 Páx. 822

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Chantada (expediente IN407A 8709 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2. Velle-Ourense.

Denominación: LMTS e CS Salto de Belesar-PQ Asma (Chantada).

Situación: concello de Chantada.

Características técnicas:

– Centro de seccionamento e medida en edificio prefabricado, dividido en tres zonas. Na primeira zona instálanse cinco celas de interruptor seccionador e unha cela de acoplamento; na segunda zona instálase unha cela de interruptor seccionador, unha de protección e unha de medida e na terceira zona instálase unha cela de interruptor seccionador, unha de protección e unha de medida.

– Liña de media tensión aérea a 20 kV CHA808 con orixe no apoio existente BHUJISFD-53 e final no apoio proxectado AP-2 tipo FL-C-4500-12, cunha lonxitude de 28 metros en condutor tipo LA-110.

– Liña de media tensión aérea a 20 kV CHA807 con orixe no apoio existente BHUJISFD-53 e final no apoio proxectado AP-3 tipo FL-C-4500-20, cunha lonxitude de 29 metros en condutor tipo LA-110.

– Liña de media tensión aérea a 20 kV Pesqueiras, con orixe no apoio existente tipo HVH e final no apoio proxectado AP-1 tipo FL-C-4500-20, cunha lonxitude de 48 metros en condutor tipo LA-110.

– Liña de media tensión aérea a 20 kV con orixe no apoio proxectado AP-3 CHA807 e final no apoio proxectado AP-1 LMT Presa e LMT Pesqueiras, cunha lonxitude de 9 metros en condutor tipo LA-110.

– Liña de media tensión aérea a 20 kV CHA807 con orixe no apoio proxectado AP-3 e final no apoio existente AP-5, cunha lonxitude de 19 metros en condutor tipo LA-56.

– Liña de media tensión soterrada con orixe nun paso aéreo a soterrado situado no apoio AP-2 CHA808 e final no centro de seccionamento e medida, cunha lonxitude de 36 metros en condutor tipo RHZ1-240 mm.

– Liña de media tensión soterrada con orixe nun paso aéreo a soterrado situado no apoio AP-3 CHA807 e final no centro de seccionamento e medida, cunha lonxitude de 36 metros en condutor tipo RHZ1-240 mm.

– RBT soterrada cunha lonxitude de 17 metros en condutor tipo RV.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos decretos 135/2017, do 28 de decembro, polo que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 16 de decembro de 2019

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo