Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2020 Páx. 714

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2019, conxunta da Axencia Galega das Industrias Culturais e da Axencia Turismo de Galicia, pola que se establecen as condicións de adhesión á marca Fest Galicia para a temporada 2020 e para a realización de contratos de patrocinio con entidades privadas para festivais de música profesionais que se celebran desde o 1 de xuño ao 30 de setembro de 2020 considerados estratéxicos para o territorio xa que xeran un retorno publicitario para as marcas Fest Galicia e Xacobeo Galicia 2021 (código de procedemento CT302A).

A política cultural e turística do Goberno de Galicia demostrou que os recursos culturais poden converterse en produtos turísticos rendibles, sustentables, innovadores e xeradores de riqueza.

Os festivais profesionais privados xeran emprego e invisten no territorio, poñen en valor as industrias culturais e creativas, son factor de riqueza e á vez proxectan Galicia como destino musical achegándolle visibilidade e atraendo visitantes.

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), en cumprimento da súa lei de creación, ten como obxectivo xenérico o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego, cooperando na achega de factores produtivos, no fomento da oferta de bens e servizos e na asignación de ingresos eficientes e estables.

Pola súa parte, a Axencia Turismo de Galicia é a entidade pública instrumental creada de conformidade co Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos, co obxectivo de impulsar, coordinar e xestionar a política autonómica en materia de turismo e é a entidade que ten encomendada a organización do Xacobeo 2021, evento declarado de excepcional interese.

Ambas as entidades teñen pois como finalidade incrementar o posicionamento da industria cultural galega e o seu fomento e promoción, mellorando así a presenza internacional de Galicia, así como a promoción do Xacobeo 2021.

Unha das fórmulas de promoción que mellor retorno sobre o investimento xeran é o patrocinio de grandes eventos de todas as índoles: culturais, artísticos, deportivos e outros. A razón pola cal os entes de promoción e os gobernos en xeral deciden apoiar economicamente este tipo de eventos é a importante repercusión mediática que xeran, de tal xeito que, en moitos casos, o investimento económico chega a multiplicarse de forma exponencial en función da importancia do evento.

É, por tanto, necesario o apoio a aquelas actividades únicas que se desenvolvan dentro da Comunidade e que axuden a prestixiar o noso destino nacional e internacionalmente e sobre todo a promoción internacional dos nosos creadores.

Co obxectivo principal de promover a industria cultural galega, naceu o programa de apoio aos festivais de música baixo a marca Fest Galicia. Este proxecto ten por obxectivo crear valor engadido nos festivais galegos a través da adopción das medidas necesarias para posicionalos como un produto cultural e turístico capaz de atraer visitantes, proxectar Galicia como destino musical, promover os festivais galegos dentro e fóra da Comunidade, poñer en valor as industrias culturais e creativas, vertebrar o territorio desde a sustentabilidade social e ambiental e visibilizar boas prácticas que sirvan como referencia para o sector. A marca acolle festivais que funcionan de xeito profesional e que se preocupan de achegar valores engadidos á experiencia musical.

A vontade da Agadic e da Axencia Turismo de Galicia é que a participación nesta convocatoria de adhesión á marca Fest Galicia e para a formalización de contratos privados de patrocinio con entidades privadas organizadoras dos festivais estea suxeita aos principios de publicidade, transparencia, cooperación e eficiencia da utilización dos recursos públicos.

Con esta convocatoria preténdese apoiar os festivais xa consolidados que proxecten Galicia como destino musical dentro e fóra da Comunidade.

A convocatoria vai dirixida a empresas privadas organizadoras de festivais de música, sempre que a produción executiva corra a cargo dunha empresa produtora de festivais e que non supoña un factor de competencia desleal no sector. A Axencia Turismo de Galicia realizará contratos de patrocinio privado da actividade que desenvolven que, pola súa importancia e relevancia en canto ao público que participa e á súa repercusión nos medios de comunicación, suporá unha gran repercusión e un bo retorno publicitario da nosa marca de festivais, da nosa marca turística e a difusión do Xacobeo 2021.

A participación nesta convocatoria supón a aceptación dos termos e condicións establecidos, que se anexan a esta resolución.

A tramitación dos expedientes realizarase de acordo co establecido no anexo I (pregos de condicións xerais e técnicas do patrocinio) desta resolución.

Polo exposto, ambas as dúas entidades

RESOLVEN:

Primeiro. Aprobar os pregos de condicións xerais e técnicas que deben rexer a adhesión á marca Fest Galicia e a tramitación dos expedientes de contratación que se deriven das solicitudes de patrocinio con entidades privadas que organicen festivais de música profesionais que se celebran desde o 1 de xuño de 2020 ao 30 de setembro de 2020 considerados estratéxicos para o territorio xa que xeran un retorno publicitario para as marcas Fest Galicia e Xacobeo Galicia 2021.

Segundo. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución e dos anexos que a acompañan.

Terceiro. Esta resolución terá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta esolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a directora da Axencia Turismo de Galicia no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Tamén se pode interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado contencioso administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación no DOG, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2019

Jacobo Sutil Nesta

Director da Axencia Galega
das Industrias Culturais

Mª Nava Castro Domínguez

Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO I

Pregos de condicións xerais e técnicas que rexerán a adhesión á marca Fest Galicia para a temporada 2020 e a tramitación dos expedientes de contratación que deriven das solicitudes de patrocinios con entidades privadas para festivais de música profesionais que se celebran desde o 1 de xuño ao 30 de setembro de 2020 considerados estratéxicos para o territorio xa que xeran un retorno publicitario para as marcas Fest Galicia e Xacobeo Galicia 2021

1. Ámbito obxectivo, tipoloxía e necesidade para satisfacer

O obxecto desta convocatoria, pública e aberta, é ofrecer a posibilidade de adhesión de festivais de música á marca Fest Galicia e de realizar contratos privados de patrocinio para a celebración de festivais de música consolidados que se celebren entre o 1 de xuño e o 30 de setembro de 2020 e que xeren un retorno publicitario para as marcas Fest Galicia, Xacobeo Galicia 2021.

O ámbito territorial esténdese a toda Galicia.

A finalidade da realización da convocatoria é difundir a imaxe de Galicia vinculada á actividade desenvolvida polas entidades privadas e que, pola súa importancia e relevancia en canto a público que participe e a súa repercusión nos medios de comunicación, supoñan unha vía para dar publicidade ás marcas Fest Galicia e Xacobeo Galicia 2021.

Por tanto, o elemento fundamental do contrato de patrocinio é a repercusión mediática para as marcas.

O obxectivo principal destes festivais é promover a industria cultural galega, creando valor engadido nos festivais musicais galegos a través da adopción das medidas necesarias para posicionalos como un produto cultural e turístico capaz de atraer visitantes, proxectar Galicia como destino musical, promover os festivais galegos dentro e fóra da Comunidade, poñer en valor as industrias culturais e creativas, vertebrar o territorio desde a sustentabilidade social e ambiental e visibilizar boas prácticas que sirvan como referencia para o sector.

2. Ámbito subxectivo.

A convocatoria vai dirixida ás empresas privadas organizadoras de festivais de música, sempre que a produción executiva corra a cargo dunha empresa produtora, e cos seguintes requisitos:

– Que se celebren entre o 1 de xuño e o 30 de setembro de 2020, ambos os dous días incluídos.

– Que teñan realizado con anterioridade unha primeira edición.

– Que teñan un orzamento superior aos 100.000,00 € (sen IVE) na edición do ano 2019. Para estes efectos, enténdese por orzamento o orzamento subvencionable das subvencións a festivais de música da Agadic.

– Que programen un mínimo de tres artistas por día durante, cando menos, dous días consecutivos.

– Que programen un mínimo de seis artistas galegos.

– Que o 95 % da súa capacidade sexa cuberta por medio de entradas postas á venda ao público en xeral, conforme prezos medios de mercado.

– Que os promotores reúnan os requisitos de capacidade para contratar co sector público.

– Que implanten algunha medida preventiva ou coercitiva fronte a posibles impactos ambientais, como medidas contra a xeración de residuos, emisións á atmosfera, xeración de ruídos, eficiencia enerxética, utilización de produtos reciclados ou reutilizados.

– Que cumpran a normativa básica en materia de espectáculos públicos e demais lexislación aplicable.

– Que dispoñan dun plan de igualdade e sustentabilidade.

Esta convocatoria parte da base de que son os promotores do festival os que asumen a organización, por iso, solicitan a achega para apoiar a súa celebración, xa que consideran que pode ter repercusión na estratexia cultural e turística e que a achega pública mellora a rendibilidade, en concepto de imaxe e notoriedade.

No suposto de entidades que xestionen diversos festivais, deben presentar unha solicitude para cada evento concreto para o cal soliciten o patrocinio.

Serán a cargo do patrocinado a obtención das oportunas autorizacións, permisos e licenzas, así como a obtención dos dereitos derivados da propiedade intelectual xerados como consecuencia da execución dos festivais, correndo pola súa conta o aboamento de tales dereitos e respondendo fronte aos titulares pola súa utilización ilexítima.

3. Requisitos e acreditación da solvencia:

1) Como requisito de solvencia económica ou financeira os solicitantes deberán dispoñer dun seguro de indemnización por riscos profesionais, vixente ata a finalización do prazo de presentación de ofertas, por importe igual ou superior a 50.000,00 €.

A acreditación deste requisito efectuarase ben por medio do certificado expedido polo asegurador, no cal consten os importes e riscos asegurados e a data de vencemento do seguro, ou ben mediante un compromiso vinculante de subscrición, no caso de asinarse o patrocinio, do seguro exixido, garantindo o mantemento da cobertura do dito seguro durante toda a execución do contrato, mediante un documento de compromiso vinculante de subscrición, prórroga ou renovación do seguro, nos casos en que proceda.

2) Como requisito de solvencia técnica os solicitantes deberán dispoñer de experiencia na prestación de servizos de igual ou similar natureza que os que constitúen o obxecto do contrato.

A solvencia técnica acreditarase pola realización de, polo menos, un traballo consistente na organización de festivais musicais durante os últimos dous anos e por un importe acumulado, polo menos, igual ou superior aos 100.000,00 € (sen IVE), indicando o importe, data e destinatarios.

4. Orzamento da convocatoria.

4.1. Esta convocatoria ten un orzamento total máximo de 460.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 11.A2.761A.640.0, proxecto 2018 00002, dos orzamentos xerais da Axencia Turismo de Galicia para o ano 2020.

Esta convocatoria tramítase como expediente anticipado de gasto e existe crédito suficiente previsto no proxecto de orzamentos da Comunidade Autónoma para o exercicio 2020.

Así mesmo, estará sometida ao regulado na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada polas ordes da mesma consellería do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001.

Ao abeiro desta normativa, os contratos de patrocinio quedan condicionados á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

4.2. Co fin de optimizar os recursos existentes, e para poder realizar unha asignación máis equitativa, establécese un importe máximo do prezo do patrocinio por entidade de 49.000,00 € (con IVE), cun valor estimado de 40.495,87 € que se modulará conforme as seguintes contraprestacións:

1º. Contraprestacións mínimas:

O patrocinado deberá ofrecer como mínimo as seguintes contraprestacións:

– Espazo para a presenza nun lugar destacado do recinto do festival dun posto da Xunta de Galicia, coas marcas Fest Galicia e Xacobeo Galicia 2021, dun mínimo de 35 m2 no que se desenvolvan actividades no festival. Este espazo será consensuado entre o festival e a Agadic.

– Presenza das marcas na publicidade do festival, en medios e nas accións de promoción e comunicación: cartelaría, roldas de prensa, materiais audiovisuais, anuncios.... A colocación das marcas terá que ser aprobada pola Agadic con anterioridade á produción dos materiais.

– Posta á disposición de 10 abonos/entradas para sorteo en redes sociais.

A contía do patrocinio, polas contraprestacións mínimas recollidas neste punto, poderá alcanzar ata un máximo de 19.000,00 € e determinarase conforme a repercusión dalgún dos dous anos anteriores e os seguintes criterios:

Asistentes con entradas de pagamento totais no 2019 (ou 2018)

Máximo 8.000,00 €

Máis de 25.000

Ata 8.000,00 €

Entre 10.000 e 24.999

Ata 6.000,00 €

Entre 5.000 e 9.999

Ata 4.500,00 €

Ata 4.999

Ata 3.500,00 €

Retorno económico en Galicia no 2019 (ou 2018)

Máximo 6.000,00 €

Máis de 1.500.000 euros

Ata 6.000,00 €

Máis de 800.000 e 1.499.999 euros

Ata 4.500,00 €

Entre 400.000 e 799.999 euros

Ata 3.000,00 €

Entre 50.000 e 399.999 euros

Ata 2.000,00 €

Número de artistas por primeira vez en Galicia presentes no festival no 2019

Máximo 5.000,00 €

6 ou máis

Ata 5.000,00 €

Entre 3 e 5

Ata 3.000,00 €

Entre 1 e 2

Ata 1.500,00 €

2º. Elementos publicitarios ofrecidos, que deben incluír sempre a produción dos materiais necesarios, cun máximo de 30.000,00 €:

Elementos publicitarios

 

Máximo 30.000,00 €

Naming escenario Fest Galicia e/ou Xacobeo Galicia 2021 (*)

Escenario principal

ou outro escenario que autorizará a Agadic

Ata 12.000,00 €

Ata 8.000,00 €

Presenza de banner na web oficial (incluír medidas na proposta)

Coa imaxe de Fest Galicia-Xacobeo 2021 e Xunta de Galicia

Ata 4.000,00 €

Publicidade en pulseiras Fest Galicia (mínimo) e outros soportes non convencionais

Coa imaxe de Fest Galicia-Xacobeo 2021 e Xunta de Galicia

Ata 6.000,00 €

Proposta alternativa de visibilización das marcas

Coa imaxe de Fest Galicia-Xacobeo 2021 e Xunta de Galicia

Ata 8.000,00 €

(*) Na proposta deberán aclararse os elementos de visibilización do escenario (cobrepeas, corpóreos, frontais, etc). O escenario secundario, extraordinariamente, poderá ser substituído por unha área de programación, logo de aceptación da Agadic.

En todos os casos, os importes aos que se fai referencia neste punto inclúen os impostos.

5. Solicitude, forma de presentación e prazo de presentación de solicitudes

5.1. Os solicitantes deben presentar a solicitude de adhesión á marca Fest Galicia e de patrocinio, segundo o modelo do anexo II, que se dirixirá á Axencia Turismo de Galicia, en que se recolle un formulario cos seguintes datos:

– Nome ou razón social da persoa solicitante.

– Nome comercial.

– Datos do representante legal do solicitante.

– Nome do festival.

– Lugar de celebración.

– Número de edicións celebradas.

– Datas de celebración.

– Nomes e/ou número de artistas programados por día.

– Compromiso de programación de artistas galegos.

– Compromiso de elaboración de plans de igualdade e sustentabilidade.

– Porcentaxe de entradas posta á venda.

– Orzamento total do festival con e sen IVE.

– Importe solicitado de patrocinio.

5.2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

5.3. O prazo de presentación das solicitudes será de vinte (20) días hábiles, desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

6. Documentación complementaria

6.1. Xunto á solicitude deberá presentarse a seguinte documentación administrativa e técnica:

6.1.1. Documentación administrativa: documentación relacionada coa entidade solicitante:

a) DEUC, documento europeo único de contratación que confirma que o operador económico cumpre as condicións seguintes:

– Cumpre as condicións establecidas legalmente para contratar coa Administración.

– Que non se encontra en ningunha das situacións de exclusión ou posible exclusión previstas na normativa de contratos (prohibicións de contratar).

– Que cumpre os criterios de selección pertinentes (os criterios de solvencia).

Pode accederse ao formato electrónico en https://ec.europa.eu/growth/tools-databases/espd/filter?lang=es. O formulario, dispoñible en castelán, poderá, nese sitio, cubrirse e imprimirse para enviar ao órgano de contratación xunto co resto da oferta.

Tamén pode accederse ao formulario DEUC na web da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, no punto da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa, en formato .odt:

– Versión en galego:

http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/xunta-consultiva-decontratacion-administrativa/procedemento-de-contratacion.

– Versión en castelán:

http://www.conselleriadefacenda.es/es/areas-tematicas/patrimonio/xunta-consultiva-decontratacion-administrativa/procedemento-de-contratacion

Para facilitar a súa elaboración, pode consultar as instrucións para completar o formulario DEUC no anexo III.

b) Declaración complementaria ao DEUC que figura como anexo IV desta resolución.

c) Memoria que acredite as razóns técnicas ou artísticas ou os motivos polos que só poida encomendarse a un empresario determinado para xustificar a non competencia por razóns técnicas de conformidade co establecido no artigo 168.a).2 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

6.1.2. Documentación técnica:

Os solicitantes terán que presentar:

a) Anexo V co resumo da súa proposta técnica onde especificarán cales serían as contraprestacións das relacionadas no punto 4 destes pregos, así como calquera outra documentación complementaria á súa proposta técnica.

b) Memoria do festival en que se recollan de xeito detallado os seguintes aspectos:

– Antecedentes, traxectoria, historia.

– Perfil do público a que se dirixe.

– Obxectivos xerais e específicos que se queren acadar con este festival.

– Beneficios que reportará ás marcas.

– Entidades implicadas (indicar as entidades que avalan ou dan apoio ao desenvolvemento do festival).

O envío da solicitude por si soa sen que se acompañe a documentación administrativa e técnica antes indicada, constituirá causa de inadmisión da citada solicitude.

6.2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica.

Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

7. Comprobación de datos.

7.1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

– DNI/NIE da persoa solicitante.

– NIF da entidade solicitante.

– DNI/NIE da persoa representante.

– NIF da entidade representante.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

No caso de que as actuacións de oficio levadas a cabo pola Área de Contratación da Axencia Turismo de Galicia dean como resultado que o solicitante ten débedas ou obrigas con algunha destas administracións, requirirase o solicitante para que regularice a situación e presente por si mesmo o correspondente certificado.

7.2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

7.3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

8. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

9. Procedemento administrativo de adxudicación.

Constituirase unha comisión técnica e de negociación formada pola xerente da Axencia Turismo de Galicia, a xefa da Área de Contratación da Axencia Turismo de Galicia e un técnico da Axencia Galega das Industrias Culturais, que se encargarán da revisión da documentación.

9.1. Fase administrativa, revisión da documentación administrativa:

A comisión técnica e de negociación examinará a documentación administrativa.

No caso de que sexa necesaria a emenda dalgún documento de carácter administrativo, requiriráselle á entidade interesada a documentación administrativa que falte e concederáselle un prazo de 3 días hábiles para a presentación da documentación requirida, coa advertencia expresa de que, en caso de non facelo así, se considerará desistida e se arquivarase a súa solicitude, segundo o que dispón o artigo 68 da Lei 39/2015.

O requirimento da documentación realizarase por medios electrónicos, de forma que quedará constancia no expediente.

9.2. Fase técnica: revisión da documentación técnica.

Unha vez finalizada a revisión da documentación administrativa, a comisión levará a cabo a revisión da proposta técnica de todos aqueles solicitantes que presentasen correctamente a documentación administrativa ou a emendasen de xeito correcto, para determinar o cumprimento ou non dos requisitos técnicos exixidos de acordo co que se establece nestes pregos.

Na fase de negociación poderase intentar lograr unha mellora ou aclaración da proposición no que respecta aos elementos publicitarios ofrecidos. Para estes efectos a comisión poderá convidar os solicitantes a negociaren a proposta presentada, indicando os aspectos de negociación previstos e poñendo no seu coñecemento as características e vantaxes da súa proposición.

Os solicitantes poderán presentar nun prazo de 3 días a súa contestación, que poderá reformular ou mellorar os termos da súa oferta inicial ou indicar que se mantén nos termos orixinais.

Unha vez revisado que a proposta se axusta ás bases da convocatoria, a comisión dará traslado dos resultados ao órgano de contratación, xunto co expediente correspondente á fase de negociación e un informe técnico, emitido por un técnico da Agadic, coa valoración das ofertas presentadas.

9.3. Adxudicación e formalización do patrocinio.

Unha vez aceptada a proposta da Comisión, a Área de Contratación da Axencia Turismo de Galicia requirirá os interesados para que dentro do prazo de 10 días hábiles presenten a documentación acreditativa do cumprimento de requisitos previos:

• A personalidade xurídica do empresario e, se for o caso, a súa representación. Con todo, o órgano de contratación poderá requirir a achega de documentación complementaria se é necesaria para acreditar que o obxecto social da empresa é adecuado ao obxecto do contrato. No que se refire á personalidade xurídica do empresario, deberá achegarse só no caso de que os/as solicitantes se teñan oposto expresamente á súa consulta pola Axencia Turismo de Galicia.

• Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica ou profesional.

• Documentación xustificativa de atoparse ao día no cumprimento das obrigas tributarias (coa Facenda estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia, e de estar dadas de alta no imposto sobre actividades económicas) e de atoparse ao día no cumprimento das obrigas coa Seguridade Social. Esta documentación deberá achegarse só no caso de que os/as solicitantes se teñan oposto expresamente á súa consulta pola Axencia Turismo de Galicia.

O prazo para a adxudicación do contrato será de 5 meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se transcorre o prazo para adxudicar os contratos sen que a adxudicación teña lugar, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

O órgano de contratación realizará a adxudicación do contrato privado e posterior formalización do contrato no cal constarán as obrigas de ambas as partes, as contraprestacións que recibirá a Axencia Turismo de Galicia e a forma de xustificar o patrocinio en función das características do festival.

No contrato especificaranse as condicións para o uso das marcas e constará expresamente a cesión á Axencia Turismo de Galicia e á Agadic da imaxe do festival para usos non comerciais.

Este contrato terá que asinarse no prazo máximo dun mes desde a adxudicación do contrato e sempre antes do inicio do festival. En caso contrario, a Axencia Turismo de Galicia poderá resolver non levalo a cabo.

O patrocinado facilitará o seguimento e control do contrato asinado e, concretamente, da presenza das marcas en todos os medios e materiais que se establezan no contrato.

As marcas de Fest Galicia e Xacobeo Galicia 2021, poderán figurar tanto nos elementos de promoción previa ao proxecto ou acción como nos da promoción que levará a cabo durante o desenvolvemento do proxecto ou na repercusión posterior aos diferentes medios de comunicación.

No caso de que a Axencia Turismo de Galicia ou Agadic comunicasen discrepancias respecto á aplicación das marcas, a entidade comprométese a realizar as actuacións necesarias de alteración ou rectificación necesarias.

10. Xustificación e pagamento.

10.1. A xustificación técnica do festival terase que presentar con anterioridade á presentación da factura.

A achega da Axencia Turismo de Galicia farase efectiva unha vez finalizada a acción obxecto de patrocinio e coa presentación por parte da entidade dunha memoria xustificativa da acción realizada. Este documento terá que ir acompañado dunha declaración responsable do gasto efectivamente efectuado do proxecto.

A entidade terá que acreditar, en calquera caso, o cumprimento das obrigas do contrato de patrocinio mediante a seguinte documentación, numerada seguindo a seguinte orde:

1) Anexo VI debidamente asinado.

2) Declaración responsable do gasto efectivamente efectuado do festival, de que os datos e documentos referidos á xustificación son certos e que o festival se levou a cabo segundo se describe na memoria, cumprindo, por tanto, co fin que serviu de fundamento para a realización do contrato privado de patrocinio e das axudas ou patrocinios recibidos.

3) Memoria do proxecto. Datas de celebración, artistas participantes, número de asistentes, datos do impacto económico en Galicia, nomes dos artistas que actuaron por primeira vez en Galicia, nomes dos artistas galegos presentes no festival, explicación das medidas ambientais tomadas...

4) Reportaxe fotográfica (preferiblemente en alta resolución) do proxecto. Para acreditar a presenza en presentacións, roldas de prensa para promocionar o festival, entregar fotografías ou copias onde aparezan os representantes que asistiron.

5) Investimento no Naming escenario Fest Galicia e/ou Xacobeo Galicia 2021 e nas restantes contraprestacións acordadas no contrato de patrocinio. Separar cada contraprestación, incluíndo custo e foto.

6) Folletos, flyers, guías, catálogos, pósteres, mapas, entradas, pulseiras, camisetas, gorras, bolsas, merchandising,... Acreditar o material con fotografías ou copias, achegando a factura onde se detalle a cantidade producida.

7) Copia dos plans de sustentabilidade e igualdade do festival.

8) Copia da licenza de actividade.

9) O material audiovisual (preferiblemente en alta resolución) realizado durante o desenvolvemento do proxecto patrocinado.

10) Resumo da repercusión mediática:

Clipping con valor económico equivalente e investimento publicitario en medios (impresos: revistas e prensa escrita; radio e televisión; anuncios exteriores, soportes online, web propia e outros, audiovisuais e online) co valor económico equivalente ou calquera outro sistema de medición do impacto comunicativo.

– Custo económico do investimento en medios feita polo festival:

En relación cos distintos medios:

– Revistas e prensa escrita:

Noticias: acreditar con recompilación de recortes de prensa, copia da páxina completa onde quede constancia do medio de comunicación e a data da súa publicación.

Anuncios: acreditar con certificado do medio onde se indique o importe de tarifa da inserción ou o formato e data de publicación. Na súa falta, copia da publicación ou factura.

Núm.

Nome do medio de comunicación

Formato*

Data de publicación

Anuncio: inclúe marca/logo/mención

Descrición doc. acreditativa

Observacións

Valoración entidade

* Indicar o formato da publicación. Exemplo: cor-laborable-páxina impar. Exemplo: B/N Domingo-módulo 4×3-par.

– Radio e televisión:

Noticias: acreditar con copia en soporte dixital a emisión da noticia, ademais de cubrir e asinar este anexo.

Anuncios: acreditar con certificado do medio onde se indique o importe de tarifa da inserción ou a duración, data e franxa horaria da inserción. Na súa falta, factura da inserción.

– Anuncios exterior: paneis, autobuses, marquesiñas, mupis...:

Anuncios: acreditar con certificado do medio onde se indique o importe de tarifa da inserción ou o formato e período de visibilidade. Na súa falta, factura da inserción.

– Soportes en liña: revistas e prensa online:

Noticias: acreditar con recompilación de recortes de prensa (captura de pantalla) onde quede constancia do medio de comunicación e a data da súa publicación.

Anuncios: acreditar con certificado do medio onde se indique o importe de tarifa da inserción ou o formato e data de publicación. Na súa falta, factura da inserción.

* Indicar o formato da publicación: exemplo: roubapáxinas 300 × 300 portada. Exemplo: banner, megabanner.

– Redes sociais e xestores de contidos: Facebook, Twitter, Instagram, YouTube, retransmisión en streaming…:

Noticias/Información: entregar todas as publicacións (post, tuit, publicacións…) realizadas no medio, ademais dos seguintes datos, segundo a rede social que se xustifique.

Entregar copia do informe que xera a mesma ferramenta da rede social.

– Facebook e Twitter: Indicar o alcance ou impresións do período de tempo seleccionado, que poderá ser, como máximo, desde a presentación da solicitude á Axencia Turismo de Galicia ata a data de presentación da documentación xustificativa.

– Instagram, YouTube, retransmisión en streaming fóra de redes sociais: indicar o sumatorio do número global de impresións ou visualizacións en relación a todas as publicacións/retransmisións que fagan referencia ao acontecemento/proxecto.

Anuncios: acreditar con certificado do medio onde se indique o importe de tarifa da inserción. Na súa falta, factura da inserción.

– Web propia do proxecto:

Entregar impresión do front page onde se visualicen as marcas Fest Galicia e Xacobeo Galicia 2021.

Como norma xeral calcularase CPM 96 € por cada web propia do proxecto. No caso de querer xustificar máis de 1.000 impactos é necesario presentar un informe obtido a través dunha plataforma de control (por exemplo: Google Analitycs) onde se detalle o número de usuarios únicos obtidos.

Unicamente se terán en conta as xustificacións publicadas/emitidas desde a data de presentación da solicitude á Axencia Turismo de Galicia ata a entrega da documentación xustificativa, sempre que vaian dirixidas a promocionar o proxecto patrocinado.

Os patrocinados terán que numerar cada unha das accións promocionais/publicitarias que se presenten. Tamén terán que facer corresponder a mesma numeración coa documentación acreditativa relativa ao concepto descrito.

10.2. A aceptación do patrocinio implica que o material gráfico, fotográfico e audiovisual presentado nas xustificacións poderá ser utilizado pola Axencia Turismo de Galicia e a Agadic para a súa difusión e uso en actividades estratéxicas.

10.3. O valor económico da repercusión mediática do patrocinio debe ser igual ou superior á cantidade outorgada pola Axencia Turismo de Galicia. No caso de que o valor económico da repercusión mediática sexa inferior, só se aboará a cantidade proporcional equivalente ao xustificado.

Non se procederá ao pagamento ao patrocinado ata que se cumpra coa presentación da xustificación e esta sexa conformada pola Agadic.

A xustificación deberase presentar por medios electrónicos, antes do 31 de outubro de 2020, e dirixirase directamente á Agadic, que, unha vez conformada a remitirá á Axencia Turismo de Galicia. No caso de que a documentación presentada non estea correcta ou sexa insuficiente a Agadic poderá requirirlles que a emenden, para o cal se outorgará un prazo de 10 días hábiles.

A Axencia Turismo de Galicia reserva para si a potestade de realizar a posteriori unha comprobación por mostraxe da xustificación económica.

En todo caso, a forma de presentar a xustificación das accións realizadas incluirase no contrato que se formalice, adaptándoa á tipoloxía do festival.

Unha vez validada a xustificación técnica, a Área de Contratación da Axencia Turismo de Galicia comunicarao ao adxudicatario para a presentación da factura correspondente.

11. Resolución do patrocinio.

O contrato extinguirase pola súa resolución, acordada pola concorrencia dalgunha das seguintes causas:

a) A falsidade dos datos achegados.

b) A extinción da personalidade xurídica de calquera das partes.

c) O acordo mutuo de partes.

d) O incumprimento total ou parcial de todas ou algunha das condicións xerais e particulares pactadas.

e) A realización por parte do patrocinado de actuacións que, a xuízo da Axencia Turismo de Galicia, sexan contrarias aos obxectivos e finalidade da Axencia Turismo de Galicia e da Agadic.

12. Información básica sobre protección de datos persoais.

Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia-Axencia Turismo de Galicia e Agadic, coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da Carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, circunstancia que se reflectirá no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

A fin de dar a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais.

13. Confidencialidade.

Calquera información confidencial revelada pola Axencia Turismo de Galicia á entidade con que se formalicen patrocinios obxecto desta convocatoria durante a súa vixencia manterase con carácter estritamente confidencial para o receptor, que se comprometerá a utilizar esta información unicamente para a finalidade para a cal lle foi revelada polo emisor, excepto imperativo legal.

O receptor protexerá a información confidencial do emisor contra calquera uso non autorizado ou revelación a terceiros, da mesma maneira que protexe a súa información confidencial. O acceso a esta información quedará restrinxido só a aqueles empregados da entidade colaboradora que deban coñecelo para cumprir co proxecto que se vai desenvolver.

14. Réxime xurídico aplicable.

De acordo co establecido no artigo 26.2 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, que considera como regra xeral os patrocinios como un contrato privado, deben rexerse en canto á preparación e adxudicación, en defecto de normas específicas, pola sección 1 e 2 do capítulo I do título I do libro II desta lei, e nas disposicións de desenvolvemento, aplicando supletoriamente as restantes só de dereito administrativo ou, se procede, as normas de dereito privado, segundo corresponda por razón do suxeito ou entidade contratante. En canto aos seus efectos e extinción, rexerase polo dereito privado.

15. Notificación electrónica.

Segundo a disposición adicional décimo quinta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, a práctica das notificacións e comunicacións farase por medios exclusivamente electrónicos.

Estas notificacións realizaranse a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, (https://notifica.xunta.gal). Para poder acceder a unha notificación electrónica, o interesado deberá contar cun certificado electrónico asociado ao NIF que figure como destinatario da notificación (persoa física ou xurídica). Así mesmo, o interesado pode autorizar calquera outra persoa a acceder ao contido das súas notificacións.

Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

Neste caso as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, e entenderase rexeitadas cando transcorresen 10 días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

16. Transparencia e bo goberno.

Os contratos de patrocinio publicitario que se asinen en virtude da presente convocatoria estarán sometidos ao réxime de publicidade establecido en materia de contratación pública nos artigos 4 e 13 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III

Orientacións para cubrir o DEUC

Para facilitar a formalización por parte das empresas do modelo de formulario normalizado do DEUC que establece o anexo II do Regulamento (UE) nº 2016/7, formúlanse a seguir as seguintes orientacións:

a) De conformidade co establecido na parte II, sección A, quinta pregunta, dentro do punto titulado «Información xeral», do formulario normalizado do DEUC, as empresas que figuren inscritas nunha «lista oficial de operadores económicos autorizados» só deberán facilitar en cada parte do formulario aqueles datos e informacións que, no seu caso concreto, non estean inscritos nestas «listas oficiais». Así, en España as empresas non estarán obrigadas a facilitar aqueles datos que xa figuren inscritos de maneira actualizada no rexistro de licitadores que corresponda, xa sexa no Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas do Estado (ROLECSP) ou no Rexistro Xeral de Contratistas de Galicia (RXC-Galicia) co alcance previsto no artigo 339 da LCSP, coa condición de que as empresas inclúan no formulario normalizado do DEUC a información necesaria para que o órgano de contratación poida realizar o acceso correspondente (enderezo da internet, todos os datos de identificación e, se é o caso, a necesaria declaración de consentimento).

Para o caso de que a empresa se atope inscrita no ROLECSP ou no RXCG, a seguir esta recomendación indica, respecto de cada unha das partes do formulario, que datos son susceptibles de figurar inscritos nos rexistros e cales non. Dado que algúns destes datos deben ser subministrados en todo caso pola empresa e outros son voluntarios, limitarémonos a sinalar en cada caso se os datos que reclama o formulario son ou non son potencialmente inscritibles, e a empresa debe asegurarse de cales efectivamente están inscritos e actualizados e cales non están inscritos ou, de o estaren, non están actualizados, no seu caso concreto.

b) O acceso por parte dos órganos de contratación aos rexistros de licitadores, así mesmo, ten o efecto establecido no artigo 59.5 DN. Así, aínda que, de acordo co artigo 59.4 DN con carácter xeral o órgano de contratación poderá requirir aos candidatos e licitadores durante a substanciación do procedemento de contratación e para garantir o seu bo desenvolvemento que acheguen documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos previos de acceso á licitación, e con carácter previo á adxudicación o primeiro deberá exixir ao adxudicatario a presentación destes documentos xustificativos; o artigo 59.5 DN matiza o establecido no punto anterior do mesmo artigo ao eximir os licitadores e candidatos de presentaren aqueles documentos xustificativos que proben informacións que poidan ser acreditadas mediante unha certificación expedida polo rexistro de licitadores que corresponda (ROLECSP ou RXC-Galicia).

– Parte I.

Recolle a información sobre o procedemento de contratación e sobre o órgano de contratación.

A súa formalización non reviste complexidade xa que todos os datos constan no anuncio ou nas plataformas de contratación.

– Parte II.

Recolle información sobre a empresa interesada.

Como xa se indicou, aquelas empresas que figuren inscritas nun rexistro de licitadores só deberán facilitar nesta parte II do formulario aquela información que non figure inscrita neles ou que, aínda estando inscrita, non conste de maneira actualizada. Por iso a seguir segue un cadro que, a modo orientativo, indica que información ou datos poderían estar inscritos e cales non, coa finalidade de que as empresas saiban:

– Que datos deberán ser achegados mediante o formulario normalizado DEUC, en todo caso, por non figuraren en poder do Rolece ou RXCG.

– Que datos son susceptibles de estar inscritos no Rolece ou RXCG e, por tanto, poderían deixarse sen cubrir no formulario.

Corresponde á empresa comprobar se no seu caso concreto eses datos ou informacións efectivamente están inscritos nos rexistros e, se o están, deberá asegurarse de que constan nel de maneira actualizada.

Parte II. Información sobre o operador económico:

Sección

É un dato/información susceptible de estar inscrito no Rolece ou RXCG?

Sección A

Identificación

Os datos incluídos neste punto deben ser cubertos pola empresa.

Como número de IVE deberase recoller o NIF cando se trata de cidadáns ou empresas españois, o NIE cando se trata de cidadáns residentes en España, e o VIES ou DUNS cando se trata de empresas estranxeiras.

Información xeral

Se é o caso, figura o operador económico inscrito nunha lista oficial de operadores económicos autorizados ou ten un certificado equivalente (por exemplo, no marco dun sistema nacional de (pre)clasificación)?

En caso afirmativo:

– Rexistro en que está inscrito e número de inscrición

Certificación en formato electrónico

Indicar grupo, subgrupo e categoría da clasificación do contratista

Coa clasificación cúmprense todos os criterios de selección? En caso negativo, cubra a parte IV deste formulario (seccións A, B, C ou D, segundo proceda.

Poderá a empresa presentar un certificado respecto ao cumprimento coas obrigas coa Seguridade Social e impostos que permita ao poder adxudicador obtelo directamente a través dunha base de datos nacional de calquera Estado que poida consultarse gratuitamente?

Dispoñible en formato electrónico

Si ( ) Non ( ) Non procede ( )

( ) ROLECESP

( ) Rexistro Xeral de Contratistas da C.A. de Galicia

( ) ROLECESP: https://registrodelicitadores.gob.es, Xunta Consultiva de Contratación Administrativa do Estado (como número de inscrición ou certificación basta con consignar o propio NIF, NIE, VIES ou DUNS da empresa)

( ) Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia: nº de inscrición:______

http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/rexistro-xeral-de-contratistas/servizos-telematicos Xunta Consultiva de Contratación Administrativa da Comunidade Autónoma de Galicia

NON CUBRIR SE ESTÁ INSCRITO NALGÚN DOS REXISTROS

Si ( ) Non ( )

Si ( ) Non ( )

Poñer enderezo da páxina web, autoridade ou organismo expedidor e referencia exacta da documentación

( ) Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia:

http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/rexistro-xeral-de-contratistas/servizos-telematicos Xunta Consultiva de Contratación Administrativa da Comunidade Autónoma de Galicia

Forma de participación

Está participando o operador económico no procedemento de contratación xunto con outros?

Si ( ) Non ( )

En caso afirmativo

b) Identifíquense os demais operadores económicos que participan no procedemento de contratación conxuntamente

Identificar con NIF, NIE, VIES ou DUNS da empresa

No caso de estar nalgún dos rexistros de licitadores, indicar:

( ) ROLECSP: https://registrodelicitadores.gob.es, Xunta Consultiva de Contratación Administrativa do Estado (como número de inscrición ou certificación basta con consignar o propio NIF, NIE, VIES ou DUNS da empresa)

( ) Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia: nº de inscrición:______

http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/rexistro-xeral-de-contratistas/servizos-telematicos Xunta Consultiva de Contratación Administrativa da Comunidade Autónoma de Galicia

Na parte II, na letra B, denominada «Información sobre os representantes do operador económico», a sección dedicada á representación non é necesario que sexa cuberta se o licitador está no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sección B

Representación

Nome e apelidos:

Cargo:

Enderezo postal:

Teléfono:

Correo electrónico:

Información sobre representación (forma, alcance, finalidade…)

NON CUBRIR SE ESTÁ INSCRITO NALGÚN DOS REXISTROS

Parte III.

Relativa aos motivos de exclusión.

Dado que o formulario normalizado do DEUC non recolle ningunha referencia á nosa lexislación, para facilitar a adecuada formalización por parte das empresas desta parte do formulario a seguir segue unha táboa de equivalencias entre cada unha das preguntas que deben responder as empresas, os artigos da DN e, por último, os artigos da nosa LCSP que deron transposición ao artigo 57 DN.

Nótese que España traspuxo a regulación das prohibicións de contratar que establece a DN mediante a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, que modificou a regulación desta materia no TRLCSP, concretamente dando nova redacción aos artigos 60 e 61 e creando ex novo o artigo 61 bis, polo que, con carácter xeral, nesta materia non procede falar de efecto directo senón de mera aplicación de normas nacionais.

Dado que non todas as prohibicións para contratar están inscritas no ROLECSP e/ou RXCG, as empresas deberán responder a todas as preguntas que se formulan nesta parte III do formulario normalizado do DEUC.

Táboa de equivalencias relativa á parte III do DEUC:

Parte III, nº de sección

DN

TRLCSP

Sección A

Artigo 57.1

Artigo 71.1.a) (excepto os delitos contra a Facenda pública e a Seguridade Social relativos ao pagamento de tributos e cotizacións á Seguridade Social).

Sección B

Artigo 57.2

Artigo 71.1:

Letra a) (cando se trate de delitos contra a Facenda pública ou contra a Seguridade Social, relativos ao pagamento de tributos e cotizacións á Seguridade Social).

Letra d), primeiro parágrafo, primeiro inciso.

Letra f) (cando se trate de sancións administrativas firmes impostas conforme a Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria).

Sección C

Primeira pregunta

Artigo 57.4.a)

Artigo 71.1.b) (cando non sexa infracción moi grave en materia profesional ou en materia de falseamento da competencia);

Artigo 71.1.d) primeiro parágrafo, segundo inciso (no relativo ao incumprimento do requisito do 2 por 100 de empregados con discapacidade).

Segunda pregunta

Artigo 57.4.b)

Artigo 71.1.c)

Terceira pregunta

Artigo 57.4.c)

Artigo 71.1.b) (infracción moi grave en materia profesional).

Cuarta pregunta

Artigo 57.4.d)

Artigo 71.1.b) (infracción moi grave en materia de falseamento da competencia).

Quinta pregunta

Artigo 57.4.e)

Artigo 71.1.g) e h)

Sexta pregunta

Artigo 57.4.f)

Artigo 70

Sétima pregunta

Artigo 57.4.g)

Artigo 71.2, letras c) e d)

Oitava pregunta

Letras a), b) e c)

Artigo 57.4.h)

Artigo 71.1, letra e) e 60.2, letras a) e b)

Letra d)

Artigo 57.4.i)

Artigo 71.1.e)

Sección D

Artigo 71.1.f) (cando se trate de sanción administrativa firme de acordo co previsto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións).

D: outros motivos de exclusión que poden estar previstos na lexislación nacional do Estado membro do poder adxudicador:

Declaróuselle a prohibición para contratar imposta en virtude de sanción administrativa firme de acordo co previsto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións?

Se é afirmativo, especifíquese

Si ( ) Non ( )

…………………

Se e afirmativo, adoptou medidas autocorrectoras?

Si ( ) Non ( )

Describir as medidas:

…………………

– Parte IV. Criterios de selección.

Relativa aos criterios de selección.

Convén destacar, respecto da parte IV, que os poderes e entidades adxudicadores poderán limitar a información requirida sobre os criterios de selección a unha soa pregunta, é dicir, se os operadores económicos cumpren ou non todos os criterios de selección necesarios.

Nese caso bastará responder SI ou NON no punto titulado «Indicación global relativa a todos os criterios de selección», polo que non será necesario completar os puntos seguintes:

A. Idoneidade.

B. Solvencia económica e financeira.

C. Capacidade técnica e profesional.

D. Sistemas de aseguramento da calidade e normas de xestión ambiental.

– Parte V.

Relativa aos criterios para reducir o número de candidatos a que se convidará a presentar oferta.

O empresario deberá cubrir esta parte unicamente cando se trate de procedementos restrinxidos, negociados con publicidade e de diálogo competitivo.

– Parte VI.

Relativa ás declaracións finais.

Esta parte debe ser cuberta e asinada pola empresa interesada en todo caso.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file