Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2020 Páx. 293

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 191/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 191/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Flora Gómez Outeiral contra Tómate Más Fruta, S.L. e o Fogasa, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza, María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2019.

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o executado Tómate Más Fruta, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 2.429,53 euros en concepto de principal (2.272,65 euros en concepto de salarios e vacacións, 90,16 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto dos conceptos salariais que comportan 655,57 euros, 66,72 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do Código civil respecto da compensación económica de vacacións que comporta 1.617,08 euros), máis outros 242,95 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Tómate Más Fruta, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza