Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2020 Páx. 289

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación (424/2017).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 424/2017, por instancia de Angy Vanessa Mosquera Martínez contra a empresa Exclusivas Bermúdez, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, en que se ditou sentenza con data do 26.11.2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Angy Vanessa Mosquera Martínez fronte á empresa Exclusivas Bermúdez, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Exclusivas Bermúdez, S.L. a aboar a Angy Vanessa Mosquera Martínez a cantidade de tres mil douscentos sesenta euros con trinta e dous céntimos de euro (3.260,32 euros). Os conceptos salariais devindicarán o xuro moratorio do 10 %.

Notifíquese la presente resolución ás partes

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Exclusivas Bermúdez, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 9 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza