Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2020 Páx. 274

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 2 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se amplían as zonas demarcadas pola presenza da praga de corentena denominada Tecia solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no DOG núm. 232, do 5 de decembro de 2019, cómpre, en virtude do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, corrixir os seguintes erros:

Punto 1, páxina 51913:

Onde di:

«... as parroquias de Lendo (San Xián) e Caión (Santa María do Socorro), no concello da Laracha, e a parroquia de Noicela (Santa María) no concello de Carballo, na provincia da Coruña».

Debe dicir:

«... as parroquias de Lendo (San Xián) e Caión (Santa María do Socorro), no concello da Laracha, e a parte sur da parroquia de Noicela (Santa María) segundo figura no anexo, no concello de Carballo, na provincia da Coruña».

Punto 3, páxina 51913:

Onde di:

«Consideraranse zonas tampón as parroquias limítrofes da zona infestada indicada no punto 1».

Debe dicir:

«Consideraranse zonas tampón as parroquias limítrofes da zona infestada indicada no punto 1, que son as de Monteagudo (San Tomé) e a de Sorrizo (San Pedro) no concello de Arteixo, Rebordelos (San Salvador), Vilela (San Miguel) e a parte norte da parroquia de Noicela (Santa María), segundo figura no anexo, no concello de Carballo, e Cabovilaño (San Román), Lemaio (Santa Mariña) e Torás (Santa María), no concello da Laracha».

Punto 4, páxina 51914:

Onde di:

«Os agricultores das zonas tampón definidas no punto 1.b) da Resolución do 8 de marzo de 2017 deberán comunicar, inmediatamente despois da sementeira, todas as parcelas cultivadas con pataca, segundo o modelo establecido no anexo I da Resolución do 9 de febreiro de 2017 (DOG núm. 31, do 14 de febreiro)».

Debe dicir:

«Os agricultores das zonas tampón definidas no punto 3 deberán comunicar, inmediatamente despois da sementeira, todas as parcelas cultivadas con pataca, segundo o modelo establecido no anexo I da Resolución do 19 de febreiro de 2019 (DOG núm. 46, do 6 de marzo)».

Punto 5.b), páxina 51914:

Onde di:

«Comunicar as existencias de pataca, utilizando o modelo do anexo I da Resolución do 19 de febreiro de 2019».

Debe dicir:

«Comunicar as existencias de pataca, utilizando o modelo do anexo II da Resolución do 3 de abril de 2018 (DOG núm. 67, do 6 de abril)».

Anexo, substitúese o plano polo seguinte:

missing image file