Cristina Iscar Cifuentes, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Tui, fai saber que no presente procedemento de xuízo ordinario número 128/2018, seguido por instancia de Alutec, S.L. fronte a José Antonio de Freitas Oliveira, se ditou sentenza número 60/2019, do 10.5.2019, cuxa resolución é a seguinte:
Que estimo a demanda interposta por Alutec Carpintería de Aluminio, S.L. contra José Antonio de Freitas Oliveira e así, condeno a este último a pagar a aquela entidade a cantidade de 17.254,80 euros, máis os xuros legais correspondentes, previstos nos artigos 1.108 do Código civil e 576 da Lei de axuizamento civil, todo iso nos termos especificados en anteriores puntos desta sentenza.
Impóñenselle as custas causadas á parte demandada.
Contra esta sentenza cabe interpor recurso de apelación.
E ao estar o dito demandado, José Antonio de Freitas Oliveira, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.
Tui, 29 de outubro de 2019
A letrada da Administración de xustiza