Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 31 de decembro de 2019 Páx. 56250

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforzo LMTA ROS 803 Acevedo-COG Val do Tamuxe, treito ROS8030116, no concello de Tomiño, do cal resulta beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2019/29-4).

A instalación denominada reforzo LMTA ROS 803 Acevedo-COG Val do Tamuxe, treito ROS8030116, no concello de Tomiño, foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 20 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados; ten a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, e no artigo 54.1 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 22 de xaneiro de 2020, a partir das 10.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Tomiño.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicarán a data e a hora en que se deberán presentar nos seus predios, e serán informados de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Esta publicación servirá de comunicación para os titulares daqueles predios que figuran como descoñecidos ou dos cales se ignore o lugar de notificación, de acordo co establecido no artigo 45.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Reforzo LMTA ROS 803 Acevedo-Tamuxe (Tomiño)

Cultivo

Nome e apelidos

nº apoio

m2 solo

ml aéreo

ml sub

m2 aéreo

m2

subsolo

Concello

1

Agrario

Manuel Calzado Domínguez

1

1,44

-

-

-

-

Tomiño

2

Agrario

Concello de Tomiño

2

1,44

-

-

-

11,48

Tomiño

3

Agrario

Descoñecido

3

1,44

-

-

-

-

Tomiño

4

Agrario

Julio Pereira Martínez

4

1,44

-

-

-

-

Tomiño

5

Agrario

Enrique Casaldeiro Gavín

5

1,44

-

-

-

-

Tomiño

6

Agrario

Gonzalo González Giráldez

6

1,44

-

-

-

-

Tomiño

7

Agrario

Descoñecido

7

1,44

-

-

-

-

Tomiño

Vigo, 9 de decembro de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra