Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 31 de decembro de 2019 Páx. 56248

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Pazos de Borbén (expediente IN407A 2019/142-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Domicilio social: avenida do Concello, 21, 36830 A Lama.

Denominación: LMTS Pazos, CM Pazos.

Situación: Pazos de Borbén.

Características técnicas: soterramento de tramos de LMTA no contorno do CT e CM Pazos, no lugar de Pazos, no concello de Pazos de Borbén. Consta de tres actuacións:

– Soterramento dun tramo da LMTA principal Amoedo, tramo II, mediante LMTS de 465 metros de lonxitude e condutor RHZ1-2OL 12/20 kV, realizando entrada e saída no CM Pazos.

– Soterramento dun tramo da LMTA derivación á Ermida mediante LMTS de 281 metros de lonxitude e condutor RHZ1-2OL 12/20 kV, con orixe no CT Pazos e final no PAS proxectado.

– Soterramento dun tramo da LMTA derivación a Sequeiros mediante LMTS de 92 metros de lonxitude e condutor RHZ1-2OL 12/20 kV, con orixe no CT Pazos e final no PAS proxectado.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a dita instalación, cuxas características se axustarán en toda as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente en dereito.

Pontevedra, 4 de decembro de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra