Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 27 de decembro de 2019 Páx. 55456

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se procede á publicación da reasignación dos créditos orzamentarios recollidos na Orde do 8 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2019-2020.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publicou a Orde do 8 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2019-2020 no Diario Oficial de Galicia núm. 164, do 30 de agosto de 2019.

Segundo o número 2 do artigo 50 da Orde do 8 de agosto, de producirse remanentes de crédito na asignación inicial para o financiamento de cada programa, procederase á reasignación das contías sobrantes para atender as necesidades de crédito doutros programas.

No programa I de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional (procedemento TR341K) e no programa II de axudas para a creación de postos de traballo estables, adaptación de postos e asistencia técnica nos centros especiais de emprego (procedementos TR341E e TR341N) non existe crédito suficiente na anualidade 2020 para atender todas as solicitudes.

Unha vez concedidos todos os expedientes do programa III, existe remanente de crédito suficiente para atender as solicitudes dos programas I e II, polo que procede reasignar os créditos consignados na convocatoria para a anualidade 2020.

En consonancia co parágrafo anterior, o artigo 31 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, establece que a alteración da distribución entre os créditos consignados non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Por todo o exposto e co fin de atender todas as solicitudes presentadas nos programa I e programa II da Orde do 8 de agosto de 2019,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar o crédito destinado ás axudas convocadas pola Orde do 8 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2019-2020, redistribuíndo o crédito asignado en cada programa de axudas para a anualidade 2020 e sen variar o orzamento inicial.

Aplicacións

Minoración do

programa III

Incremento no

programa I

Incremento no

programa II

09.40.324C.470.4

100.000,00

09.40.324C.470.3

78.000,00

22.000,00

Total

100.000,00

78.000,00

22.000,00

Segundo. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2019

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego