Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 26 de decembro de 2019 Páx. 54884

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (243/2019).

Eu, María del Carmen Vázquez Rodríguez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, por este edicto anuncio que no presente procedemento de xuízo verbal de desafiuzamento 243/19, seguido por instancia de Eva García Brandariz, se ditou a Sentenza do 8 de outubro de 2019 en cuxa resolución se acorda a estimación da demanda. A dita resolución non é firme e contra ela poderase interpor recurso de apelación, ante a Sala do Civil da Audiencia Provincial, recurso que se deberá presentar neste xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación.

Ao encontrarse o demandado, Carlos Manuel Loaisiga González, en paradoiro descoñecido, en cumprimento do disposto na Instrución 6/2012, da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma e fáiselle saber que a copia íntegra da resolución queda á súa disposición nesta oficina xudicial.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza