O artigo 4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, modificado polo Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro, establece o procedemento de catalogación e descatalogación de exemplares e formacións.
As seguintes solicitudes de inclusión no Catálogo galego de árbores senlleiras foron realizadas polas persoas interesadas de acordo a ese procedemento:
Rexistro de entrada: 27332/RX2328875.
Data: 19.11.2019.
Solicitante: César Martínez Yáñez.
Especie: Formación multiespecífica.
Localidade: Franza.
Concello: Mugardos.
Provincia: A Coruña.
Rexistro de entrada: 8319/RX2395312.
Data: 29.11.2019.
Solicitante: Anxela Gil de la Peña.
Especie: Fraxinus angustifolia.
Localidade: Cambados.
Concello: Cambados.
Provincia: Pontevedra.
O artigo 4.4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, establece que as solicitudes de catalogación ou descatalogación de exemplares e formacións, e a documentación presentada xunto a elas, someteranse ao trámite de información pública por un prazo de vinte días, para os efectos de que os interesados poidan presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.
En consecuencia, ábrese un período de información pública da solicitude de catalogación mencionadas neste anuncio, e a documentación presentada xunto a ela, durante un prazo de vinte (20) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, coa finalidade de que aquelas persoas interesadas que se consideren directamente afectadas poidan remitir observacións e opinións por escrito, ou ben a través do enderezo de correo electrónico: dxpn.cmatv@xunta.gal, poñendo no asunto «Información pública árbores senlleiras».
Durante o citado prazo, a documentación correspondente poderá ser examinada nos seguintes lugares:
– Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Coruña, Vicente Ferrer, 2, 15071, A Coruña.
– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Pontevedra, avenida María Victoria Moreno, 43-4º, 36071 Pontevedra.
Durante ese mesmo período poderase consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (https://cmatv.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_DX_Conservacion_Natureza?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&std=expedientes_senlleiras.html&sub=Arbores_senlleiras/) a información dos expedientes que non se corresponda con datos de carácter persoal (Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais).
Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2019
Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural