Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 26 de decembro de 2019 Páx. 54889

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 12 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, polo que se somete a información pública o procedemento ACA 3/2019, relativo á concesión da autorización comercial autonómica para a implantación dun establecemento comercial colectivo en Nigrán, promovido por López Real 09, S.L.

De conformidade co disposto no artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 15.2 do Decreto 211/2012, do 25 de outubro, polo que se regula o procedemento para a obtención da autorización comercial autonómica, iníciase o trámite de información pública, como parte integrante do procedemento para a obtención da autorización comercial autonómica, para a implantación dun establecemento comercial colectivo en Nigrán, promovido por López Real 09, S.L.

Para estes efectos, para cumprir a obriga de información que debe outorgarse ao público sobre os aspectos relevantes relacionados co procedemento de autorización do proxecto de referencia, infórmase do seguinte:

a) López Real 09, S.L. solicitou a concesión da autorización comercial autonómica relativa á implantación dun establecemento comercial colectivo en Nigrán.

b) O órgano competente para resolver a solicitude de concesión da autorización comercial autonómica é a persoa titular da Consellería de Economía, Emprego e Industria, en virtude do establecido no artigo 32.1 da Lei do comercio interior de Galicia, e no Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a súa estrutura orgánica.

c) O órgano do cal pode obterse información ao respecto é o Servizo de Ordenación da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

d) A solicitude e o proxecto están dispoñibles ao público, para a súa consulta, nas dependencias da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, terceiro andar, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

e) A participación do público poderá realizarse durante o prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. As persoas que o desexen poderán consultar o expediente durante o referido período.

Así mesmo, poderán formular as alegacións, observacións e suxestións que consideren oportunas, que deberán dirixirse á Dirección Xeral de Comercio e Consumo e presentarse por calquera dos medios que recolle o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, no prazo de vinte (20) días hábiles a partir da data de publicación do presente anuncio.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2019

A directora xeral de Comercio e Consumo
P. S. (Disposición adicional primeira do 1ª Decreto 135/2017, do 28 decembro)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería
de Economía, Emprego e Industria