Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 24 de decembro de 2019 Páx. 54478

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 11 de decembro de 2019 pola que se revoga a autorización para impartir determinadas titulacións universitarias oficiais de grao, máster universitario e programas de doutoramento nas universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o curso 2019/20.

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, establece que a implantación e supresión de ensinanzas conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional será acordada pola comunidade autónoma, logo de solicitude de implantación polas universidades, segundo o disposto na lexislación vixente.

No ámbito autonómico esta materia está regulada pola Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, e pola Orde do 20 de marzo de 2012 pola que se desenvolve o Decreto 222/2011, do 2 de decembro, polo que se regulan as ensinanzas universitarias oficiais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Logo de autorizadas para implantaren os estudos, as universidades quedan obrigadas a adoptar as garantías precisas para que non se demore a súa impartición máis aló dun curso académico. O incumprimento dos requisitos e compromisos adquiridos ao solicitar a autorización de implantación, a non impartición da titulación oficial autorizada, a extinción do plan de estudos ou a supresión do ensino son causas suficientes para proceder á revogación da autorización.

O Pleno do Consello Galego de Universidades, na súa sesión do 9 de decembro de 2019, no exercicio das competencias previstas no artigo 3.2.h) do Decreto 98/2014, do 17 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Consello Galego de Universidades, acordou emitir informe favorable sobre a revogación da autorización ás universidades do Sistema universitario de Galicia para impartiren as ensinanzas universitarias oficiais dos títulos universitarios que se relacionan a continuación.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1

Que se revogue a autorización á Universidade da Coruña para impartir as ensinanzas universitarias oficiais de:

1. Grao en Humanidades, autorizado polo Decreto 385/2009, do 27 de agosto (DOG do 16 de setembro), e que figura inscrito no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT) co código 2501007.

2. Grao en Información e Documentación, autorizado polo Decreto 385/2009, do 27 de agosto (DOG do 16 de setembro), e que figura inscrito no RUCT co código 2501088.

3. Máster universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativas, autorizado pola Orde do 24 de outubro de 2014 (DOG do 6 de novembro), e que figura inscrito no RUCT co código 4315029.

4. Máster universitario en Socioloxía Aplicada: investigación social e de mercados, autorizado pola Orde do 4 de xuño de 2015 (DOG do 17 de xuño), e que figura inscrito no RUCT co código 4315432.

5. Máster universitario en Técnicas Estatísticas, pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (DOG do 8 de febreiro), e que figura inscrito no RUCT co código 4310361.

6. Máster universitario en Xeoinformática, pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo, autorizado pola Orde do 30 de xullo de 2018 (DOG do 14 de agosto), e que figura inscrito no RUCT co código 4316522.

Artigo 2

Que se revogue a autorización á Universidade de Santiago de Compostela para impartir as ensinanzas universitarias oficiais de:

1. Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio, autorizado polo Decreto 385/2009, do 27 de agosto (DOG do 16 de setembro), e que figura inscrito no RUCT co código 2501183.

2. Grao en Xestión de Pequenas e Medianas Empresas (pemes), autorizado pola Orde do 10 de abril de 2014 (DOG do 23 de abril), e que figura inscrito no RUCT co código 2502664.

3. Máster universitario en Condicionantes Xenéticos, Nutricionais e Ambientais do Crecemento e o Desenvolvemento, pola Universidade de Cantabria, a Universidade de Granada, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Zaragoza e a Universidade Rovira i Virgili, autorizado polo Decreto 150/2010, do 16 de setembro (DOG do 23 de setembro), e que figura inscrito no RUCT co código 4312253.

4. Máster universitario Erasmus Mundus en Encrucilladas en Narrativas Culturais (Crossways in Cultural Narratives), pola Universidade de Santiago de Compostela, Universidade Nova de Lisboa (Portugal), University of Guelph (Canadá), University of Sheffield (Reino Unido), University of St. Andrews (Reino Unido), Università degli Studi di Bérgamo (Italia), Université de Perpignan Via Domitia (Francia) e Uniwersytet im. Adama Mickiewicza w Poznaniu (Polonia), autorizado pola Orde do 4 de xuño de 2015 (DOG do 17 de xuño), e que figura inscrito no RUCT co código 4314661.

5. Máster universitario en Investigación en Ciencias da Visión, pola Universidade Complutense de Madrid, a Universidade de Alcalá, a Universidade de Murcia, a Universidade de Navarra, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Valladolid, autorizado pola Orde do 30 de maio de 2014 (DOG do 12 de xuño), e que figura inscrito no RUCT co código 4314135.

6. Máster universitario en Psicoloxía do Traballo e das Organizacións, Psicoloxía Xurídico-Forense e Intervención Social, autorizado polo Decreto 150/2010, do 16 de setembro (DOG do 23 de setembro), e que figura inscrito no RUCT co código 4312586.

7. Máster universitario en Técnicas Estatísticas, pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (DOG do 8 de febreiro), e que figura inscrito no RUCT co código 4310361.

8. Máster universitario en Xeoinformática, pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo, autorizado pola Orde do 30 de xullo de 2018 (DOG do 14 de agosto), e que figura inscrito no RUCT co código 4316522.

9. Máster universitario en Xestión Sustentable da Terra e o Territorio, autorizado polo Decreto 150/2010, do 16 de setembro (DOG do 23 de setembro), e que figura inscrito no RUCT co código 4312424.

10. Programa de doutoramento en Protección do Patrimonio Cultural, pola Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo, autorizado pola Orde do 4 de xullo de 2017 (DOG do 14 de xullo), e que figura inscrito no RUCT co código 5601319.

Artigo 3

Que se revogue a autorización á Universidade de Vigo para impartir as ensinanzas universitarias oficiais de:

1. Máster universitario en Arte Contemporánea, Creación e Investigación, autorizado polo Decreto 150/2010, do 16 de setembro (DOG do 23 de setembro), e que figura inscrito no RUCT co código 4312600.

2. Máster universitario en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (DOG do 15 de decembro), e que figura inscrito no RUCT co código 4310599.

3. Máster universitario en Procesos de Deseño e Fabricación Mecánica, autorizado pola Orde do 5 de decembro de 2013 (DOG do 20 de decembro), e que figura inscrito no RUCT co código 4314278.

4. Máster universitario en Técnicas Estatísticas, pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (DOG do 8 de febreiro), e que figura inscrito no RUCT co código 4310361.

5. Máster universitario en Xeoinformática, pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo, autorizado pola Orde do 30 de xullo de 2018 (DOG do 14 de agosto), e que figura inscrito no RUCT co código 4316522.

6. Programa de doutoramento en Protección do Patrimonio Cultural, pola Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo, autorizado pola Orde do 4 de xullo de 2017 (DOG do 14 de xullo), e que figura inscrito no RUCT co código 5601319.

Artigo 4. Garantías académicas

As universidades adoptarán as medidas necesarias para garantiren os dereitos académicos dos estudantes que se encontren cursando os estudos que inician o proceso de revogación de acordo co establecido no artigo 16 do Decreto 222/2011, do 2 de decembro.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional