Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 20 de decembro de 2019 Páx. 54192

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 392/2019).

PO. Procedemento ordinario 392/2019

Demandante: Óscar Luengo López

Avogado: José María Bello Rivas

Demandados: Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), Lucxu World, S.L.

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 392/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar Luengo López contra Lucxu World, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolvo que debo estimar a demanda presentada por instancia de Óscar Luengo López contra a entidade Lucxu World, S.L. e Fogasa, e debo condenar a demandada ao aboamento á demandante da cantidade de 5.348,54 euros como cantidades debidas máis os xuros previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores sobre a dita cantidade, devindicados desde a data de presentación da papeleta de conciliación (STS do 17 de xuño de 2014) ata esta resolución e os do artigo 576 da Lei de axuizamento civil a partir desta resolución.

Imponse a cantidade de 200 euros en concepto de honorarios.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Modo de impugnación. Advírteselles ás partes que contra esta resolución poderán interpor recurso de suplicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se efectúe a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou habente causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto ao nome desta oficina xudicial co número 1596, clave 65, e indicar no campo «Concepto» «Recurso» seguido do código «34 Social suplicación», acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

A anterior resolución entregaráselle ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Lucxu, World, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza