Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 20 de decembro de 2019 Páx. 54190

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (SSS 738/2018).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 738/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Manuel Orgueira Cambón contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución, sentenza 622/2019:

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Juan Manuel Orgeira Cambón contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Ibermutua e a entidade Texcomor 2007, S.L., en consecuencia, debo absolver e absolvo a entidade demandada das pretensións contra ela articuladas.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Texcomor 2007, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza