Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 20 de decembro de 2019 Páx. 54205

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se emprazan as persoas interesadas nos recursos contencioso-administrativos 4210/2019 e 4211/2019, interpostos contra a Resolución do 30 de agosto de 2019 de aprobación definitiva da modificación puntual número 7 do Plan xeral de ordenación municipal, para a delimitación do núcleo rural de Soutullo, no concello de Sanxenxo.

Neste centro directivo recibíronse oficios da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación cos recursos contencioso-administrativos números 4210/2019 e 4211/2019, interpostos contra a Resolución do 30.8.2019 de aprobación definitiva da modificación puntual nº 7 do Plan xeral de ordenación municipal, para delimitación do núcleo rural de Soutullo, no concello de Sanxenxo, nos cales se solicita a remisión do expediente administrativo e o emprazamento das persoas interesadas no expediente correspondente.

Para os efectos de cumprir o solicitado no oficio, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo acordou remitir o expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas nos procedementos, e se emprazan para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2019

Mª Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo