Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 20 de decembro de 2019 Páx. 54206

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 9 de decembro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador ANP-PO-0015/2019 e sete máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanselles ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, despois de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou porque tentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na avenida María Victoria Moreno, 43, 4ª planta, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 9 de decembro de 2019

José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto notificado

Acto adoptado

ANP-PO-0015/2019

Samuel Parada Valladares

Proposta

Polo instrutor

ANP-PO-0016/2019

Daniel Vázquez Arias

Proposta

Polo instrutor

ANP-PO-0025/2019

José Manuel Orio Ibarrondo

Proposta

Polo instrutor

ANP-PO-0031/2019

Brenda Álvarez López

Proposta

Polo instrutor

ANP-PO-0090/2019

Raúl Prieto Chapela

Incoación

Polo xefe territorial

CON-PO-0181/2019

José Ramón Cacabelos Durán

Resolución

Polo xefe territorial

CON-PO-0182/2019

José Ramón Cacabelos Durán

Resolución

Polo xefe territorial

CON-PO-0183/2019

José Ramón Cacabelos Durán

Resolución

Polo xefe territorial