Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 19 de decembro de 2019 Páx. 53880

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de decembro de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución de clasificación do expediente 13/2017, relativa á ampliación do monte vecinal en man común de Santiago de Cangas, no concello de Pantón.

Para os efectos previstos no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, de conformidade co disposto no artigo 45.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 25.11.2019 na sala de xuntas da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, baixo a presidencia de María Olga Iglesias Fontal, e coa asistencia dos vogais Josefina Pereira de la Riera e Miguel Ángel Cela González, e da secretaria Lucía Belver Quiroga, ditou a resolución de clasificar como veciñal en man común o seguinte monte:

Nome: Santiago de Cangas (ampliación).

Pertenza: veciños da parroquia de Santiago de Cangas.

Parroquia: Santiago de Cangas.

Concello: Pantón.

Superficie: 3,7 hectáreas.

As parcelas obxecto de clasificación indícanse, coas súas estremas, na seguinte táboa e pódense localizar no plano que figura no anexo.

Parcela obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

27041A058009630000AT

Norte

27041A05800055

27041A05800058

27041A05800059

27041A05800060

27041A05800049

27041A05800062

27041A05800063

27041A05800072

Leste

27041A05800075

27041A05800076

27041A05800074

27041A05800078

Sur

27041A05800962

Oeste

27041A05800056

27041A058001190000AA

Norte

27041A05800088

27041A05800121

27041A05800122

27041A05800123

27041A05800134

27041A05800135

27041A05800136

27041A05800137

27041A05809005

Leste

27041A05809005

Sur

27041A05809005

Oeste

27041A05809005

Tendo en conta esta ampliación, o monte veciñal da comunidade de Santiago de Cangas ten unha superficie global de 123,7 hectáreas.

Contra esta resolución, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. O anterior, en relación co precepto legal recollido no artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común, e no artigo 28 do seu regulamento.

Lugo, 3 de decembro de 2019

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo

missing image file

ANEXO