De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro da notificación deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Servizo de Réxime Xurídico e Inspección do Instituto Galego da Vivenda e Solo; Área Central, s/n; As Fontiñas, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2019
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo
ANEXO
Expediente |
DNI/NIE |
LU 80/050:116 |
Comunidade hereditaria de Juan Alberto Martínez Lagares |
Acto obxecto de notificación:
Notificación da liquidación da débeda correspondente a vivenda de promoción pública adquirida ao Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Trátase dun acto de mero trámite, polo que, de conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 39/2015, non se poderá interpoñer ningún recurso.