Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 18 de decembro de 2019 Páx. 53708

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de adxudicación do posto de traballo de asistente de protocolo, polo sistema de libre designación.

Mediante a Resolución do concelleiro delegado de Economía, Facenda e Réxime Interior, por delegación da Xunta de Goberno Local, con data do 21 de novembro de 2019, resolveuse o siguiente:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de asistente de protocolo (referencia 16) pertencente ao Gabinete de Alcaldía deste concello, aprobada pola Resolución da concelleira delegada de Facenda e Administración, por delegación da Xunta de Goberno Local, con data do 20 de decembro de 2018 (DOG núm. 248, do 31 de decembro).

Segundo. Adxudicar a María Eugenia Corredoira Jack (DNI 32821256A) o posto de traballo de asistente de protocolo (referencia 16), de conformidade coa relación de postos de traballo publicada no Boletín Oficial da provincia núm. 165, do 31 de agosto de 2017, e coas características que se describen na seguinte táboa:

Servizo

Cd. U.

org.

Unidade org.

Ref. pto.

Posto de traballo

Gr.

N/C

Escala

RE

Req. esp.

Form. comp.

Element. espec.

TP

FP

UE

Adm.

Gabinete Alcaldía

GA3000

Protocolo

16

Asistente protocolo

C1

22

AG/AE

F

Prot. e idiomas

FR08 ED

N

LD

S

TD

Terceiro. O expresado nomeamento producirá efectos a partir da data de toma de posesión de posto de traballo obxecto da presente convocatoria.

O cesamento no destino actual do persoal que obtivo praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando se finalicen os permisos ou licenzas, que, se é o caso, fosen concedidas ao citado persoal. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. Notifíquese a presente resolución á interesada e ao coordinador xeral municipal.

A Coruña, 19 de novembro de 2019

A Xunta de Goberno Local
P.D. (Acordo do 3.7.2019)
Manuel Ángel Jove Losada
Director de Economía, Facenda e Réxime Interior