Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 18 de decembro de 2019 Páx. 53648

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (479/2018).

No presente recurso de apelación (LACN) 554/2018, seguido por instancia de Martina Sueiro Seara contra Susana Alonso Alonso e a entidade Disuei, S.L., dimanante do procedemento ordinario nº 152/2013 do Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra, ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Maxistrados

Francisco Javier Menéndez Estébanez

Manuel Almenar Belenguer

Jacinto José Pérez Benítez

A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, constituída polos maxistrados expresados con anterioridade, ditou, en nome do rei, a seguinte

Sentenza núm. 479/18.

Pontevedra, 21 de decembro de 2018.

Vista a peza de apelación tramitado co núm. 554/18, dimanante do recurso de apelación interposto contra a sentenza pronunciada nos autos de xuízo ordinario seguidos co núm. 152/13 perante o Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra (Vigo), en que foi apelante a demandada Martina Sueiro Seara, representada pola procuradora Sra. Pérez Crespo e asistida polo letrado Sr. Espinosa de Soto, e apelada a demandante Susana Alonso Alonso, representada polo procurador Sr. Fernández Fernández e asistida pola letrada Sra. Moreno Selvi. É relator o maxistrado Manuel Almenar Belenguer.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos.

A Sala resolve:

Que debemos desestimar e desestimamos o recurso de apelación interposto pola procuradora Sra. Pérez Crespo, en nome de Martina Sueiro Seara, contra a sentenza pronunciada o 5 de decembro de 2016 polo Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra (Vigo) e, en consecuencia, debemos confirmar e confirmamos a dita resolución, con imposición á recorrente das custas desta alzada.

Así, por esta sentenza, xulgando definitivamente na instancia, pronúnciao, mándao e asínao a sala constituída polos maxistrados expostos á marxe».

Seguen rubricas. Certifico.

E ao estar a dita entidade demandada, Disuei, S.L., en paradoiro descoñecido, e para que así conste e se remita ao Diario Oficial de Galicia, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma. Faise constar que a demandante goza do beneficio de xustiza gratuíta.

Pontevedra, 12 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza