Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 18 de decembro de 2019 Páx. 53674

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 5 de decembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, de consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia no expediente de expropiación IN661A 2004/9-1, no concello de Muxía.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada parque eólico Muxía I, no concello de Muxía (expediente IN661A 2004/9-1), correspondentes os predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 5 de decembro de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN661A 2004/9-1.

Entidade beneficiaria: EDP Renovables España, S.L.U.

Denominación da instalación: parque eólico Muxía I.

Concello: Muxía.

Predio

Concello

Titularidade proposta

Depósito

Importe

1071

Muxía

Herdeiros de Maximino Lago Lema

1112/19

138,17 €