Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 18 de decembro de 2019 Páx. 53673

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 4 de decembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, do requirimento de documentación do expediente SAI BT ACTAS 2017/27.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puideron efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a seguir publícase este anuncio que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, os interesados son informados de que os expedientes están á súa disposición para coñecer o contido íntegro dos actos, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña; Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 4 de decembro de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: SAI BT ACTAS 2017/27.

Interesada: Comunidade de propietarios Ronda de Outeiro, 253 A-B.

NIF: H15336225.

Acto de notificación: requirimento de documentación.

Concello: A Coruña.