Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 17 de decembro de 2019 Páx. 53465

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (714/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 714/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eduardo Pereiro Silveira contra Viproga, S.A. sobre ordinario, se ditou auto 157/19, cuxa parte dispositiva di:

Parte dispositiva:

Homologo a transacción alcanzada no presente procedemento ordinario 714/2018 entre Eduardo Pereiro Silveira e Alcor Seguridad, S.L. no acto do xuízo oral celebrado ante este xulgado no día da data do 28 de outubro de 2019, nos literais termos sinalados no antecedente de feito cuarto a presente resolución.

Tense a Eduardo Pereiro Silveira por desistido da demanda que deu orixe ao presente procedemento respecto das codemandadas Viproga, S.A. e Servicios de Seguridade e Mantemento A-1, S.L., e se decreta respecto delas o sobresemento e arquivamento do proceso.

Notifíquese ás partes e a Fogasa a presente resolución na forma prevista no artigo 248.4 da LOPX, e fágaselles saber que fronte a ela cabe recurso de reposición, no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Unha vez firme a presente resolución procédase ao arquivamento as actuacións, logo da súa baixa e anotación nos libros correspondentes.

Así o pronuncia, manda e asina, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela. Dou fe.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Viproga, S.A. en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza