Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 17 de decembro de 2019 Páx. 53466

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 178/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 178/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Samuel Arestín Maneiro contra Víctor Manuel Rodríguez Souto e Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte

Auto.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2019.

Parte dispositiva:

Declaro extinguida, na data da presente resolución, a relación laboral que unía a Samuel Arestín Maneiro con Víctor Manuel Rodríguez Souto, e condeno a Samuel Arestín Maneiro a lle aboar a Samuel Arestín Maneiro a suma de 1.337,65 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral e a suma de 11.850,96 euros en concepto de salarios de tramitación.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de reposición no prazo de tres días a contar desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina Paula Méndez Domínguez, maxistrada titular do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

Dilixencia. Seguidamente cúmprese o ordenado. Dou fe.

A xuíza. A letrada da Administración de xustiza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Víctor Manuel Rodríguez Souto, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza