Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 17 de decembro de 2019 Páx. 53458

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 381/2017-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 381/2017 por instancia de Verónica Bujía Muíños contra Confecciones Deus e outros, sobre ordinario, nos cales se ditou sentenza o 20 de novembro de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Verónica Bujía Muíños fronte a Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Perseo Textil, S.L., Shivshi, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Rogelio Bodelo Pichel, Bendita Costura, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Gaviota Textil, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Vainica Doble, S.L., as administracións concursais de Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confección Ideal, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Shivshi, S.L., Gaviota Textil, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Absólvese a Rogelio Bodelo Pichel das pretensións fronte a el exercidas.

– Condénase a empresa Confecciones Deus, S.L. a aboar á demandante a cantidade de seis mil catrocentos quince euros con setenta e un céntimos de euro (6.415,71 euros), devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %. Das devanditas cantidades responderán solidariamente as empresas Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Perseo Textil, S.L., Shivshi, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Bendita Costura, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Gaviota Textil, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Vainica Doble, S.L., vinculando as administracións concursais de Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confección Ideal, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Shivshi, S.L., Gaviota Textil, S.L.

Notifíquese a presente resolución ás partes

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Perseo Textil, S.L., Shivshi, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Rogelio Bodelo Pichel, Bendita Costura, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Gaviota Textil, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Vainica Doble, S.L., as administracións concursais de Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confección Ideal, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Shivshi, S.L., Gaviota Textil, S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 26 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza