Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 17 de decembro de 2019 Páx. 53480

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 29 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se dá publicidade á resolución pola que se revisa a autorización ambiental integrada de Financiera Maderera, S.A. para a planta de fabricación de taboleiros de fibra de madeira que se localiza no concello de San Cibrao das Viñas (Ourense).

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade á seguinte resolución:

Instalación: planta de fabricación de taboleiros de madeira e derivados

Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada

Titular: Financiera Maderera, S.A.

Expediente: 2018-IPPC-M-119

Localización: concello de San Cibrao das Viñas (Ourense)

Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático