Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 17 de decembro de 2019 Páx. 53481

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 29 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se dá publicidade á resolución pola que se revisa a autorización ambiental integrada de Financiera Maderera, S.A. para a planta de fabricación de taboleiros de fibra de madeira e derivados que se localiza nos concellos de Rábade e Begonte.

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade á seguinte resolución:

Instalación: planta de fabricación de taboleiros de fibra de madeira e derivados

Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada

Titular: Financiera Maderera, S.A.

Expediente: 2018-IPPC-M-121

Localización: concellos de Rábade e Begonte (Lugo)

Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio y Vivienda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático