Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 17 de decembro de 2019 Páx. 53473

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (307/2018).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 307/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marc Almagro López, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2019.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 307/2018, en que foron parte, como demandante, Marc Almagro López, representado pola procuradora Sra. Puertas Mosquera e asistido polo letrado Sr. González Abraldes Iglesias e, como demandado, a empresa Acof Asociados, S.L., que non comparece malia a súa citación en legal forma, igual que o Fondo de Garantía Salarial, pronunciou esta sentenza, en nome do rei.

Resolución

Estímase a demanda interposta por Marc Almagro López contra a empresa Acof Asociados, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 3.482,32 euros en concepto de salarios, cos xuros do 10 % por mora, e con condena ao pagamento dos honorarios de asistencia letrada da parte demandante dentro do límite legal.

Todo isto sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa, de ser o caso.

E para que sirva de notificación en legal forma a Acof Asociados, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza