Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 16 de decembro de 2019 Páx. 53290

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 387/2017).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 387/2017 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Saraitsa, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxo encabezamento e resolución din:

«Autos: PO 387/2017.

Na cidade da Coruña o 9 de outubro de 2019.

Lara Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre reclamación de cantidade, por instancia de Óscar Canzobre Seijas, que comparece por si mesmo e sen asistencia letrada, contra a empresa Saraitsa, S.L. e o Fogasa, que non comparecen, ditou a seguinte

Sentenza:

Resolvo que, estimando a demanda interposta por Óscar Canzobre Seijas contra a empresa Saraitsa, S.L., condénase a demandada a aboar ao Sr. Canzobre a cantidade de dous mil trescentos corenta e seis euros e cincuenta e seis céntimos (2.346,56 €).

Así mesmo, débese absolver o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes facendo constar que contra a presente resolución non cabe recurso de suplicación (191.2.g) da LXS).

Así por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Saraitsa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza