Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 16 de decembro de 2019 Páx. 53323

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 27 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se citan para seren notificados por comparecencia varios afectados pola revisión gráfica e documental da zona de concentración parcelaria de Vilamaior-Barbeiros II (Ordes-A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, publícase por medio do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) a lista dos interesados para seren notificados por comparecencia dos trámites de audiencia relativos á revisión gráfica e documental do Acordo de concentración parcelaria da zona de Vilamaior-Barbeiros II (Ordes-A Coruña).

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 27 de novembro de 2019

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesados

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

32395472H

Trámite de audiencia

Vilamaior-Barbeiros II (Ordes-A Coruña)

33220839F

Trámite de audiencia

Vilamaior-Barbeiros II (Ordes-A Coruña)