Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 16 de decembro de 2019 Páx. 53296

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 737/2017).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 737/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Santiago Vázquez Rodríguez, se ditou a seguinte resolución:

«Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 737/2017, en que son parte, como demandante, Santiago Vázquez Rodríguez, asistido polo letrado Sr. Blanco Casais e, como demandados, a empresa Grupo Creación y Extinción, S.L., que non comparece malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fondo de Garantía Salarial, pronunciou esta sentenza, en nome da súa maxestade o rei, con base nos seguintes:

Resolución:

Estímase a demanda interposta por Santiago Vázquez Rodríguez contra a empresa Creación y Extinción, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 7.598,63 euros en concepto de salarios, cos xuros do 10 % por demora e con condena ao pagamento de honorarios de asistencia letrada da parte demandante ata o límite legal de 600 euros.

Todo iso sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa, se é o caso».

E para que sirva de notificación en legal forma a Grupo Creación y Extinción, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza