Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 13 de decembro de 2019 Páx. 52984

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 740/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 740/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Concepción Baluja Sende contra Enade Gestión, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva literalmente di:

«Declárase que María Concepción Baluja Sende desiste da acción de reclamación da cantidade de 3.454,70 euros reclamada na demanda en concepto de indemnización por despedimento obxectivo, e decrétase respecto da dita acción o arquivamento e sobresemento do procedemento.

Que, estimando integramente a demanda interposta por María Concepción Baluja Sende contra Enade Gestión, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a lle aboar á demandante a suma de 4.367,59 euros brutos polos conceptos indicados no feito probado sexto desta resolución, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais (que comportan 4.009,28 euros) desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, e os xuros do artigo 1108 do Código civil sobre os importes correspondentes a vacacións (que comportan 358,31 euros) desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberase aplicar o que resulte conforme a aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Enade Gestión, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do xulgado.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza