Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 13 de decembro de 2019 Páx. 52983

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (PO 298/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 298/2018, seguido por instancia de Abel Enrique Castiñeiras González, sucedido polo menor Anthony Castiñeiras da Costa, contra Douglas Fernando Ferreira Machado, con intervención do Fogasa, sobre reclamación de cantidade, se ditou Sentenza número 572/2019, do 14 de novembro, en que se estima a demanda, e contra a cal non cabe recurso. O texto íntegro da resolución está ao dispor dos interesados no propio xulgado.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Douglas Fernando Ferreira Machado, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza