Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 13 de decembro de 2019 Páx. 52977

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Padrón

EDICTO (XVO 120/2019).

Letrada da Administración de xustiza: Olalla Soengas Varela

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Padrón

Procedemento: verbal posesorio número 120/19

Demandante: José Juan Villamor Fraiz, María del Carmen Fernández Fandiño

Demandado: Joaquina Casal Vázquez

Resolución: Sentenza número 94/19, do 14.10.2019

Impugnación: cabe formular recurso de apelación ante este xulgado dentro do prazo de 20 días contados desde o día seguinte ao da publicación deste edicto, expoñendo as alegacións en que se basee a impugnación, ademais de citar a resolución apelada e con expresión dos pronunciamentos que impugna.

En atención ao descoñecemento do actual paradoiro da demandada Joaquina Casal Vázquez, de acordo co disposto no artigo 497.2 da LAC acordouse notificarlle a sentenza por medio deste edicto e fáiselle saber que esta se encontra á súa disposición neste xulgado.

Este edicto cumpre coas condicións de publicación establecidas na Instrución 6/13 da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza.

Padrón, 6 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza