Cristina Cao Sánchez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, polo presente anuncio:
«Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela.
Divorcio contencioso 563/2018.
Sentenza número 100/2019.
No presente procedemento, seguido por instancia de José Enrique de Castro Castilla fronte a María José de Marco Núñez, ditouse sentenza o 7 de marzo de 2019, cuxa resolución é do teor literal seguinte:
Decido que, estimando integramente a demanda de divorcio interposta pola procuradora Sra. Gosende Gómez, en nome e representación de José Enrique de Castro Castilla, asistido do letrado Sr. García Dopico, fronte a María José de Marco Núñez, maior de idade, sinalada en autos, declarada en rebeldía procesual, e sen intervención da representante do Ministerio Fiscal ao non concorreren fillos menores de idade ou con capacidade modificada no citado matrimonio, debo decretar e decreto o divorcio do matrimonio contraído por ambos os litigantes o 26.6.2005 en Santiago de Compostela, inscrito no tomo 97, páxina 263, Sección 2ª, do Rexistro Civil de Santiago de Compostela, transcorridos máis de tres meses de matrimonio, a atribución do uso do domicilio conxugal ao demandante e a improcedencia de toda pensión compensatoria».
E encontrándose a devandita demandada, María José de Marco Núñez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a esta.
Santiago de Compostela, 26 de abril de 2019
A letrada da Administración de xustiza