Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 12 de decembro de 2019 Páx. 52826

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 187/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 187/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Victoria Rodríguez García contra Sepras, S.L. e o Fogasa, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2019.

Parte dispositiva.

Declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral que unía a María Victoria Rodríguez García con Sepras, S.L. e condeno a Sepras, S.L. a aboarlle a María Victoria Rodríguez García a suma de 15.326,46 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral na data da presente resolución e a suma de 8.717,82 euros en concepto de salarios de tramitación.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución, facéndolles saber que contra esta poden interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina Paula Méndez Domínguez, maxistrada titular do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

A maxistrada

A letrada da Administración de xustiza

Dilixencia. Seguidamente cúmprese o ordenado. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Sepras, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza