Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 12 de decembro de 2019 Páx. 52862

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ANUNCIO do 28 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se empraza a persoa interesada no procedemento ordinario 209/2018.

Intentouse a notificación ao interesado do emprazamento no procedemento xudicial primeiro no domicilio da persoa interesada e, despois, no seu centro de traballo, así mesmo, realizouse a posta a disposición electrónica, intentos todos eles que resultaron infrutuosos. Por tal motivo, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en cumprimento do sinalado no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, procédese á publicación deste anuncio para que sirva de notificación á persoa que se indica a continuación de que está emprazada como persoa interesada no procedemento xudicial que se sinala a continuación:

DNI da persoa interesada: 09772909W.

Procedemento: procedemento ordinario 209/2018, seguido na Sección 1ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra a Orde do 20 de marzo de 2018, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se convoca procedemento de acceso ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas, nas especialidades vinculadas ás ensinanzas superiores de música (DOG do 16 de abril de 2018).

A persoa interesada, se o considera oportuno, poderá comparecer e constituírse no proceso xudicial indicado na Sección 1ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (praza de Galicia, s/n, na cidade da Coruña), no prazo de nove (9) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2019

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos