Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 12 de decembro de 2019 Páx. 52861

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 29 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, de consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia no expediente de expropiación IN661A 2016/1, no concello de Mañón.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada repotenciación do parque eólico Serra da Panda, no concello de Mañón (expediente IN661A 2016/1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 29 de novembro de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN661A 2016/1.

Entidade beneficiaria: Iberdrola Renovables Galicia, S.A.

Denominación da instalación: repotenciación parque eólico Serra da Panda.

Concello: Mañón.

Predio

Concello

Titularidade proposta

Núm. depósitos

Importes

45

Mañón

Descoñecida

1053/2019

1050/2019

5.579,18 €

208,65 €

47

Mañón

Descoñecida

1051/2019

1052/2019

4.617,22 €

172,67 €