Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 11 de decembro de 2019 Páx. 52445

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se publican as entidades beneficiarias das subvencións concedidas en virtude da Orde do 6 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2019 das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na Rede de reservas da biosfera de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

De conformidade co establecido no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, procédese á publicación das subvencións concedidas.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas en virtude da Orde do 6 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2019 das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na Rede de reservas da biosfera de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

As subvencións destináronse á restauración dos ecosistemas naturais, á posta en valor da riqueza natural e paisaxística das zonas rurais e á conservación do patrimonio inmaterial, inventarios, estudos, campañas de concienciación sobre o ambiente e actividades de información e sensibilización para a conservación do patrimonio natural dentro das reservas da biosfera.

Inclúense axudas destinadas a estudos/investimentos vinculados ao mantemento, a recuperación e a rehabilitación do patrimonio cultural e natural das poboacións, das paisaxes rurais e das zonas con alto valor natural, incluídos os seus aspectos socioeconómicos, así como as iniciativas de sensibilización ecolóxica no territorio das reservas da biosfera que responden aos criterios ou actuacións tipificados no artigo 5 da Orde do 6 de agosto de 2019, con cargo á aplicación orzamentaria 07.03.541B.760.0.

As contías e as entidades beneficiarias relaciónanse no anexo I desta resolución.

Os importes foron aprobados por Resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Natural do 13 de novembro de 2019. O importe elixible consignado no anexo I correspondente ao expediente MT724A/32/2019/500006/C é o resultado dunha rectificación material de erro aprobada por Resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Natural do 26 de novembro de 2019 que aumenta o importe anterior.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2019

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural

ANEXO I

Relación de concellos beneficiarios ao abeiro
da liña orzamentaria 07.03.541B.760.0

Expediente

Entidade beneficiaria

NIF da entidade beneficiaria

Nome da actuación

Total
puntuación

Importe
elixible

MT724A/27/2019/200009/C

Concello de Trabada

P2706100A

Recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e sensibilización ecolóxica na Rede Natura 2000 no concello de Trabada: área recreativa da Choza e Fraga da Belosiña

85

12.080,00

MT724A/27/2019/400006/C

Concello de Cospeito

P2701500G

Mellora do centro de interpretación da lagoa de Cospeito

75

22.196,82

MT724A/27/2019/200010/C

Concello da Pontenova

P2704800H

Campaña de concienciación e promoción da reserva da biosfera río Eo, Oscos e Terras de Burón

70

13.850,00

MT724A/27/2019/200008/C

Concello de Ribeira de Piquín

P2705300H

Campaña de sensibilización ambiental e inventario de recursos naturais e patrimoniais

70

10.000,00

MT724A/27/2019/4000015/C

Concello de Guitiriz

P2702200C

Restauración de pasarela da ruta de sendeirismo Ruta da Auga (Guitiriz-Lego) e realización dun inventario dos anfibios, réptiles e libélulas do concello de Guitiriz

80

9.000,00

MT724A/27/2019/300014/C

Concello de Navia de Suarna

P2703400H

Adquisición de paneis informativos para o concello de Navia de Suarna

85

10.370,75

MT724A/27/2019/300013/C

Concello de Cervantes

P2701200D

Actuacións de conservación do patrimonio natural e cultural para desenvolver no concello de Cervantes, Navia e Becerreá (Lugo)

100

14.040,00

MT724A/15/2019/00005/C

Concello de Curtis

P1503200F

Campaña de concienciación ambiental do concello de Curtis

70

13.335,00

MT724A/15/2019/00006/C

Concello de Miño

P1504900J

Mellora das condicións ecolóxicas, ambientais e paisaxísticas do río Xario e a súa vexetación

70

30.000,00

MT724A/15/2019/00001/C

Concello de Abegondo

P1500100A

Proxecto de mellora de camiño en Orto de Arriba (AB-0046)

80

23.399,87

MT724A/32/2019/500001/C

Concello de Bande

P3200700G

Sinalización dos elementos turísticos do concello de Bande dentro da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés/Ourense

75

23.035,18

MT724A/32/2019/500002/C

Concello de Calvos de Randín

P3201700F

Mellora do sendeiro denominado Camiño Privilexiado do Antigo Couto Mixto.

115

10.117,25

MT724A/32/2019/500003/C

Concello de Entrimo

P3203100G

Creación dun centro de interpretación da natureza da reserva da biosfera en San Fiz de Galez

95

18.960,00

MT724A/32/2019/500004/C

Concello de Lobeira

P3204200D

Mellora da senda peonil Leboreiro-Cabreira, nos tramos próximos ós núcleos tradicionais da Fraga e de Baldemir na reserva

100

8.233,35

MT724A/32/2019/500005/C

Concello de Lobios

P3204300B

Mellora de senda peonil en Vilameá

115

23.919,12

MT724A/32/2019/500006/C

Concello de Muíños

P3205200C

Mellora do sendeiro peonil do núcleo tradicional de Prado-núcleo tradicional de Xermeade-Poza da Fecha-Dolmen Casiña da Moura na Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerés-Xurés, no concello de Muíños (Ourense)

105

27.236,52

270.173,86