Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 11 de decembro de 2019 Páx. 52448

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 5 de decembro de 2019 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 14 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Discapacidade e Exclusión, de incentivos á contratación, formación e emprego con apoio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento TR342A).

A Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 14 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Discapacidade e Exclusión, de incentivos á contratación, formación e emprego con apoio e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento TR342A), publicada no Diario Oficial de Galicia nº 163, do 29 de agosto, establece no seu artigo 2 o crédito orzamentario que financia a contratación de persoas con discapacidade para entidades sen animo de lucro, reguladas nesta orde de convocatoria no cal se recollen os créditos que o financian.

Así mesmo, establece no seu artigo 2.4 que estes créditos poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do emprego. Poderá ampliarse a contía máxima deste crédito para esta convocatoria. O incremento de crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

En consecuencia, como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, como consecuencia da aprobación dunha modificación orzamentaria, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da orde que se cita nesta disposición, coa finalidade de facer chegar estas ao maior número de beneficiarios posible.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1

Amplíase o importe total do orzamento establecido na Orde do 14 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Discapacidade e Exclusión, de incentivos á contratación, formación e emprego con apoio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento TR342A), publicada no Diario Oficial de Galicia nº 163, do 29 de agosto, na seguinte contía e aplicación orzamentaria que figura dotada nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, 09.40.322C 481.9, no código de proxecto 2016 00 309, contía de 150.000 euros.

Artigo 2

Estas modificacións non afectan o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única

Esta orde entrara en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2019

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria