Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 10 de decembro de 2019 Páx. 52361

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

ORDE do 4 decembro de 2019 pola que se publica a ampliación do crédito da Orde do 2 de outubro pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás galerías de arte para a participación en feiras e mercados de arte fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento CT215C).

O 11 de outubro de 2019 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 2 de outubro pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás galerías de arte para a participación en feiras e mercados de arte fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento CT215C).

No artigo 4 da orde mencionada prevese un crédito de trinta mil euros (30.000 €) para o financiamento destas axudas, con cargo á aplicación orzamentaria 11 20 432B 770 0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.

No artigo 1.4 das citadas bases prevese que as subvencións obxecto da devandita orde poderán ser obxecto de ampliación de crédito orzamentario nos supostos previstos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Dado que o importe inicial establecido na Orde do 2 de outubro de 2019 non é suficiente para o pagamento de todas as solicitudes e ao existiren remanentes de crédito que poden ser utilizados, cómpre ampliar o importe do crédito destinado ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da referida orde coa finalidade de conceder a subvención ao maior número de beneficiarios posibles.

Segundo se establece no artigo 30 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, nestes casos o órgano concedente deberá publicar a ampliación de crédito nos mesmos medios en que publicou a convocatoria sen que esta publicación implique unha apertura do prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo dos prazos para resolver.

De acordo co anterior, unha vez declarada a dispoñibilidade de crédito, vista a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único

Ampliar o importe total do crédito das axudas establecidas na Orde do 2 de outubro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás galerías de arte para a participación en feiras e mercados de arte fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento CT215C), por un importe de 16.000 €, con cargo á aplicación orzamentaria 11 20 432B 770 0, proxecto 2015 00374. Unha vez efectuada esta ampliación, o importe total destas axudas ascende a corenta e seis mil euros (46.000 €).

Esta modificación non dá lugar a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2019

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura e Turismo