En cumprimento do disposto no artigo 4.8 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, modificado polo Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro,
RESOLVO:
Facer pública a inclusión dunha formación no Catálogo galego de árbores senlleiras, mediante a Resolución do 28 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:
Data de solicitude: 12.12.2017.
Código: 39F.
Nome da formación: Carreira de buxos do pazo Quinteiro da Cruz.
Especie: Buxus sempervirens L.
Localidade: pazo Quinteiro da Cruz.
Concello: Ribadumia.
Provincia: Pontevedra.
Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 522.308/4.708.763.
Motivo da catalogación: dimensións, estado de conservación.
Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2019
Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural