Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 10 de decembro de 2019 Páx. 52353

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 7 de novembro de 2019, relativo ao inicio do procedemento de elaboración do Plan de ordenación do medio físico da parroquia de San Fiz de Asma, no concello de Chantada.

En cumprimento do disposto no artigo 30.1 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 7 de novembro de 2019, cuxa parte dispositiva é o seguinte texto literal:

«Primeiro. Iniciar o procedemento de elaboración do Plan de ordenación do medio físico da parroquia de San Fiz de Asma, no concello de Chantada ao abeiro do disposto nos artigos 26 e seguintes da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, co obxecto de establecer a ordenación integrada deste ámbito en razón das súas especiais características naturais baseadas na forte pendente dos vales e as inclinacións do terreo, e manter unha paisaxe que ten unha funcionalidade que se quere conservar, promover e difundir establecendo as medidas e normas de protección necesarias para a súa preservación, restauración ou mellora e a súa adecuación ás funcións e aos usos agrogandeiros, culturais e turísticos complementarios correspondentes.

Segundo. Designar a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para elaborar o referido plan e dirixir o procedemento».

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2019

Mª Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo