Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 10 de decembro de 2019 Páx. 52415

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 27 de novembro de 2019, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifican as resolucións do expediente sancionador OU-S-39/2019 e un máis, por infraccións leves en materia de turismo.

Pola presente cédula, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) notifícanselles ás persoas que no anexo se relacionan as resolucións dos expedientes sancionadores OU-S-39/2019 e un máis, do xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense, xa que, intentadas polos medios habituais, non se puideron practicar.

Os interesados poderán recoller as resolucións mediante comparecencia nas dependencias da Área Provincial de Turismo, rúa Curros Enríquez, 1-3º andar, de Ourense.

Contra as ditas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante a directora da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, todo iso sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que xulguen oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sancións devirán firmes, debendo aboar os importes das multas nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediatamente hábil posterior, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes seguinte ou hábil inmediatamente posterior. O pagamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias do Servizo de Turismo de Ourense. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001 pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria e executiva das multas e sancións, da Consellería de Facenda (DOG núm. 235, do 5 de decembro).

Ourense, 27 de novembro de 2019

Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo

ANEXO

Expediente: OU-S-39/2019.

Titular sancionado: Carlos Arnulfo Casallas Díaz.

Establecemento: Bonais.

Domicilio: rúa do Baño, 13.

Localidade: Ourense.

Resolución: 31 de outubro de 2019.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.a), 109.2.b) e 109.2.c) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción: catrocentos cincuenta (450) euros.

Expediente: OU-S-41/2019.

Titular sancionado: Fernando Antonio Reyes Nuesi.

Establecemento: Pub Moon Room.

Domicilio: Paxaro, 3.

Localidade: Ourense.

Resolución: 4 de novembro de 2019.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción: trescentos (300) euros.